Catro feridos en dous accidentes de tráfico en Rianxo e Ares (A Coruña)

Os sucesos ocorreron durante a madrugada deste domingo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2019 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas a madrugada deste domingo en dous accidentes de tráfico ocorridos nas localidades coruñesas de Rianxo e Ares.

Segundo informou o 112 Galicia, o primeiro sinistro ocorreu en Rianxo e saldouse con dous feridos tras envorcar o vehículo no que viaxan pola estrada que une as parroquias de Burés e Asados. Os servizos de emerxencia tiveron constancia do sucedido sobre as 23,45 horas deste sábado, cando un particular avisaba mediante unha chamada.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Boiro. Ademais, tamén foron informados os membros de Protección Civil da localidade.

ARES

Por outra banda, pasados uns minutos das tres da madrugada, dúas persoas resultaron feridas nunha saída de vía no concello de Ares, concretamente na estrada que une a localidade con Chanteiro.

Segundo o particular que avisou ao 112 Galicia, o vehículo quedara semienvorcado e un dos ocupantes atopábase fóra do turismo.

Desta maneira, foron informados os servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Ferrol e a Garda Civil de Tráfico, así como os membros do GES de Mugardos e Protección Civil. Finalmente, ambas persoas foron trasladadas ao centro sanitario de referencia.

Estrada en mal estado
Estrada en mal estado | Fonte: change.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta