O "Berlusconi" de Quiroga

O alcalde Julio Álvarez expulsa aos concelleiros do BNG e do PSdeG nun pleno moi tenso no que non deu quendas de palabra e mesmo insultou. "Demagogo asqueroso" ou "inútil" foron algunhas das gabanzas que lles adicou á oposición. Video no interior.

Por Xurxo Salgado | Lugo | 09/11/2011 | Actualizada ás 22:55

Comparte esta noticia

Non é a primeira, nin será a última, que o alcalde de Quiroga utiliza o bastón de mando da alcaldía para arremeter contra a oposición. Pensa que a súa abafante maioría absoluta -- oito concelleiros, fronte aos dous do Bloque e a un do PSdeG-- permítelle iso e moito máis, coma dispoñer dunha televisión privada que non é o outra que a que pagan todos os veciños do concello cos seus impostos; a Televisión de Quiroga. Un estilo presidencial moi ao xeito do xa dimitido Berlusconi ou ao do bolivariano Hugo Chávez nas súas arengas televisivas.

O último capítulo das arremetidas do alcalde tiveron lugar o pasado 25 de outubro durante un tenso pleno no que se aprobaban as contas do 2011, xa con retraso. Este foi o cuarto pleno da nova lexislatura e rematou cunha escena inédita en Quiroga; a expulsión de todos os edís da oposición. Nesa sesión, tamén se aprobaba o imposto da construción e a actualización das tasas cun incremento equivalente ao IPC. Un punto que lle serviu ao responsable local do BNG, Xavier Castro, para pedir a dimisión do alcalde por incrementar a presión fiscal. Foi entón cando o alcalde, que xa viña quente da intervención da oposición no tema dos orzamentos, estoupou.

None

"Demagogo asqueroso"

"Está mintiendo...No mienta usted... Quien tiene que dimitir es usted que es un demagogo asqueroso", interrumpiu. "Por favor, non me insulte. Faga o favor de retirar esa palabra", responde sorprendido o voceiro nacionalista. "Retiro esa palabra pero usted me llamó multiplicado por mil. Sempre fai o mesmo discurso. É incapaz de propoñer nada... É un inútil", continúa o rexedor.

Sobe a tensión e Julio Álvarez non permite o uso da palabra á oposición e chámaos á orde por querer falar. E chega o momento de máis tensión; o punto de rogos e preguntas. "Eh, un momento, hai rogos e preguntas", dille o voceiro socialista, José Luis del Pont. "No hay. ¿Hay secretario?". O funcionario tatexa e di que non. "Les mal. Hai un punto aquí que é rogos e preguntas e eu podo pregunta", insiste o socialista. "Tercera llamada al orden. Desaloje la sala", berra o alcalde.

O único concelleiro do PSdeG ten que marchar do pleno. Os dous nacionalistas deliberan e deciden tamén marchar do pleno. "Co permiso de toda a sala, queremos manifestar que así non podemos continuar no pleno. Creo que en todo momento falamos con educación...". E aí quedan as verbas de Xavier Castro porque o alcalde despídeo cunha "tercera llamada al orde y desaloje la sala". 

"Foi como foi e punto"


Posteriormente, en na súa televisión, o alcalde sinalou que a sesión "non foi intensa". "Foi como foi e punto", indicou porque el sabía que "iso ía ocorrir". "Xa se falaba de que o pleno ía ser unha taberna ou unha asemblea da facultade de dereito", afirmou en alusión ao edil nacionalista que é avogado. "Alguén puido interpretar iso con dureza, pero foi contundencia. Mentres eu presida isto hai un regulamento e se fai a rajatabla. Coa bara que me midan, serán medidos", suliñou con contundencia. "E quen non queira, que dimita".

A oposición denuncia que a súa actitude transgrediu media ducia de preceptos do Real Decreto 2568/1986 no tocante ao desenvolvemento dos plenos municipais, pero él insiste en que "imperou a lei e o regulamento".

O BNG presentará unha queixa formal ante o concello e lle pedirá por escrito que pida desculpas polo seu comportamento. "É completamente anómalo que non nos permita falar no pleno. Iso é de persoas impertinentes", asegura en declaracións a GC, Xavier Castro que denuncia o comportamento agresivo do rexedor. "É a súa forma de ser. Non acepta críticas e todo o que lle prexudica vai o corta de plano. Nos plenos non permite nin que falemos os tres minutos de rigor", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

1 peixe

Parece que imos cara a Atapuerca mais profunda,mete medo

1 Kiko

E non hai maneira de que este elemento deixe de fascistocear por Quiroga?

2 Isable

Este personaje controla hasta la ultima casa, de la ultima aldea, del ultimo rincon de su concello. En la Edad Media no habia señor feudal que lo hiciera mejor, que tuviera mas sometidos, mas controlados y subyugados a sus vecinos.