Confirman a pena de prisión para un home que pagou unha pizza cun billete de 50 euros falso na Coruña

O individuo posuía outros tres pseudobilletes. O fallo xudicial considera que o individuo tiña "pleno coñecemento de que non eran verdadeiros"

Por E.P. | A CORUÑA | 20/03/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena imposta pola Audiencia Provincial da Coruña a un home que abonou unha pizza cun billete falso de 50 euros.

Segundo informa o alto tribunal galego, o imputado foi sentenciado a dous anos de prisión e ao abono dunha multa de 350 euros como autor dun delito de tenencia de moeda falsa e doutro leve de estafa.

Cando a Garda Civil se presentou no domicilio, logo de ser alertada polo repartidor, o sospeitoso "tirou ao chan outros tres pseudobilletes de 50 euros análogos ao que entregara". A Audiencia considerou acreditado que tiña "pleno coñecemento de que non eran verdadeiros" e que o seu propósito era "facilitalos a terceiros".

Agora, o TSXG conclúe que o acusado "tivo coñecemento desde a súa adquisición da falsidade dos catro billetes de 50 euros de valor nominal que lle foron incautados e que, desde logo, posuíaos coa intención de introducilos no tráfico monetario". Ademais, aseguran que non cabe darlle credibilidade á versión exculpatoria do recorrente "por carecer da mínima coherencia e verosimilitude.

O home está acusado de tenencia de moeda falsa.
O home está acusado de tenencia de moeda falsa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta