A Xunta actualiza a normativa sobre accidentes graves con sustancias perigosas nas industrias

O Consello da Xunta aprobou a actualización da normativa autonómica sobre as actuacións a seguir en caso de accidentes graves con sustancias perigosas no sector industrial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2019 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

O decreto, que substitúe unha normativa do ano 2000 para adaptarse á nova lexislación estatal, recibiu luz verde este xoves por parte do Executivo autonómico. O documento establece o rango de órganos competentes para actuar en caso de accidente no que estea implicado algunha sustancia considerada perigosa.

Deste xeito, o propio Consello da Xunta será o encargado de aprobar os plans de emerxencia exterior das infraestruturas industriais que traballen con este tipo de sustancias. Así mesmo, os departamentos de Economía, Vicepresidencia, Medio Ambiente ou Mar teñen delimitadas as súas funcións nos seus diferentes ámbitos de actuación.

Ademais, o texto da normativa tamén detalla as competencias das administracións locais, encargadas de elaborar os plans de emerxencia exterior, elaborar e tramitar o plan de actuación municipal e informar á Dirección Xeral de Emerxencias --dependente de Vicepresidencia-- dos accidentes graves que se produzan no seu termo municipal.

En canto ás industrias, terán a obrigación de remitir a documentación necesaria, na que se incluirá información suficiente para identificar as sustancias perigosas que empreguen, así como a súa política de prevención de accidentes.

Almacenamento de resíduos perigosos en Gondomar como vertedeiro ilegal
Almacenamento de resíduos perigosos en Gondomar como vertedeiro ilegal | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta