O PP recorta a cultura e a lingua en Ames

Os populares eliminarán 12 postos de traballo, principalmente, da área lingüística e cultural. Audios coa presidenta da mesa de persoal no interior.

Por Manel Pardo | Ames | 15/11/2011 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O novo goberno popular de Ames aprobou xa recortes importantes neste concello. Recortes que suporán o despido de nove traballadores municipais e a desaparición de 12 postos de traballo.

None

Este mediodía eran convocados os representantes dos traballadores a unha reunión para debatir a proposta do concello de eliminar os servizos de normalización lingüistica, o de animación a lectura, o gabinete de comunicación e a radio municipal o que suporía a desaparición de 12 postos de traballo segundo a RPT e o despido de 9 traballadores en activo.

Ante a negativa da xunta de persoal de debatir sobre uns documentos que lles acababan de ser entregados o encontro pospuxose para o próximo venres as 8 da mañán, 4 horas antes da comisión informativa na que o equipo de goberno ten previsto presentar a proposta ao resto dos grupos municipais.

Na noite deste martes conseguiamos falar coa presidenta da mesa de persoal Rosa Moreiras. O comite rexeita a proposta do equipo de goberno e cre que se trata do "atentado máis grave" contra os traballadores desde o comenzo da Democracia e lembra que "se está a falar de traballadores con posto fixo de traballo no concello".

Ademais, Rosa Moreiras desvela que moitos dos afectados son delegados sindicais ou candidatos nas eleccións a delegados que comenzan o xoves neste concello.

Dase a circunstancia de que son todos servizos postos en marcha polos grupos que agora se atopan na oposición, BNG e PSOE. A radio de Ames esta considerada das máis pluráis e tiña una vinculación especial cos veciños e o servizo de normalización lingüistica chegou a acadar o premio Lois Peña Novo pola sua laboura. Son servizos que teñen un contacto directo co tecido asociativo e veciñal do concello.

A CIG convocou unha rolda de prensa para o próximo xoves na que explicará a sua postura sobre o proceso aberto polo equipo de goberno de Ames.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

13 Amaeo

E pregúntome eu: se os despidos foran de técnicos deportivos, peóns da brigada municipal de obras, barrendeiros do servicio de limpeza... por moi necesarios que foran eses empregados, daríaselle tanto bombo á noticia como se lle está dando a esta??? É máis: sería noticia??

1 Paco

Tés toda a razón, esto cheira a polítiqueo puro e duro, que hai que facer recortes, está máis que claro. Calquera de nós que vaia ó concello pode ver como hai máis de catro persoas nalgún despacho, e coa que está caendo esto é insotible. Tamén é curioso que agora os despedidos vaian nas listas da CIG e UXT... Se recortasen en Servicios Sociais, seguro que non se armaba este circo, aínda sendo máis necesario.

12 Amaiio

O señor alcalde de Ames é un home moi malo. Eso non se fai...Non se lle pode recortar os chiringuitos o BNGuaaaaiii...Malo, malo, malo...

1 Amaía

Chiringuito do BNG é unha radio, o servizo de normalización lingüística, a brigada ambiental e o programa de fomento da lectura? Ah, non cho sabía eu, curioso, moi curioso. Entón, nos concellos onde goberna o PP e hai radio, servizo de normalización, programas de fomento da lectura e brigadas ambientais serán tamén do BNG? Pero, se ademais o BNG non goberna en Ames dende hai 5 anos.

11 vanegabri

Eu non digo que faga ben nin mal,dada a situacion en todo o pais,penso que si tiveran os socialistas no concello de Ames terian que recortar de todos modos,igual de outra forma ou da mesma,pero ahora mismo o que se trata e de atacar o PP,pois tampouco son formas pero bueno,que tire la primera piedra el que........ Politicos,politicos........o que hay que facer e que se faga oir a opinion publica sin coaccions de ningun tipo,sin publicidade politica,cada un que bote a quen quere sin que lle influa ningunha cousa que vexa ou oia por ai,votar os feitos,non as promesas..... Nada mais...grazas por poder deixar a miña opinion

10 Sátrapa

Recortar as língoas, que crueldade, e a cultura, queiman os libros?. Se vamos polo camiño de cataluña acabamos como Kosovo. Xa está ben da "cultura" subsidiada. E xa esta ben de chorar mirando para a Xunta. E un alcalde que recorta, logo no será un alcalde que deixe mais débedas Desmontemos todas a Cidades da cultura das nosas vilas . Cada galego, ten ahí para facer unha cancela na sua casa. E desmontemos a cultura do pelotazo, do "modificado". Pero cortarlle a lingoa a xente.....vaya titular.

1 Cándido Pulpeiro

Eu quero unha subensión, pra mercar unha pandeireta e ir a pedir polas feiras... Somo un país de pandereta, e queremos vivir do que é de todos... A traballar máis e queixarse menos, se traballasen na empresa privada agora non salían nos medios, aínda que pasaran fame... e sexan de quen sexan ¡¡ Fóra de Galiza as mafias " Ata apareceu nos medios Fiona, o máis grande fraude poilítico de Galiza, unha inquisidora... pero de esquedas, ou eso di ela... Menos mangoneo e sexamos serios

9 Filomena

Ai Rosiña, Rosiña aínda me lembro cando me presenteia unha praza de normalización línjoistica dun concello preto de Santiagho, e non me valoraron cousas como tese, e outros traballos e méritos varios... Eu non estaba nin estou en nómina de ningún partido políticos e claro, perdín os cartos... Pois non me alegro, non, pero tampouco me entristeza esta nova, falabamos de acabar cos "Chiringuitos" do PP e agora toca cos do BNG e PSOE. E tanto paseo en horas de traballo e tanto café para non facer os deberes... Estos días na FINSA vanse cargar uns 25 postos de traballo, os titulares? as familias dos da FINSA, non comen? onde as protestas dos sindicatos? políticos? E de seguro máis traballadores ca esta culimaña que se atrinchera nos concellos pagados por todos nós... Nesta época de crise hai que recortar na farámbula e nestas cousas non en SANIDADE por exemplo, con todo iso... o meu máis sincero pésame polos que realmente merecían o posto. Boa noite

1 Susana

E ti tes tese e escribes cousas imposibles como "farámbula"? E con ese pseudo galego en que redactas pretendías obter unha praza nun SNL? Vou pensar que o teu resentimento ten máis que ver coa túa ignorancia que con algún partido...

2 Filomena

Srta. Susana, si teño tese, e son unha ignorante e o a praza que teño, conseguina co meu ersfozo, non por arrimarme ao sol que máis quentaba... E si, son unha ignorantiña (queres que use o nh?)non vou de lista, son humilde, non me gustan as fotos. Por certo, o meu galego é materno, tamén sei inglés, cousa que lle custa a moitos... E castelán aínda que o teñades a mal. E hei de falar según a miña isoglosa, non son unha non arrenego da aldea.

3 Amaiano

+1 para Filomena!