O PP recorta a cultura e a lingua en Ames

Os populares eliminarán 12 postos de traballo, principalmente, da área lingüística e cultural. Audios coa presidenta da mesa de persoal no interior.

Por Manel Pardo | Ames | 15/11/2011 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O novo goberno popular de Ames aprobou xa recortes importantes neste concello. Recortes que suporán o despido de nove traballadores municipais e a desaparición de 12 postos de traballo.

None

Este mediodía eran convocados os representantes dos traballadores a unha reunión para debatir a proposta do concello de eliminar os servizos de normalización lingüistica, o de animación a lectura, o gabinete de comunicación e a radio municipal o que suporía a desaparición de 12 postos de traballo segundo a RPT e o despido de 9 traballadores en activo.

Ante a negativa da xunta de persoal de debatir sobre uns documentos que lles acababan de ser entregados o encontro pospuxose para o próximo venres as 8 da mañán, 4 horas antes da comisión informativa na que o equipo de goberno ten previsto presentar a proposta ao resto dos grupos municipais.

Na noite deste martes conseguiamos falar coa presidenta da mesa de persoal Rosa Moreiras. O comite rexeita a proposta do equipo de goberno e cre que se trata do "atentado máis grave" contra os traballadores desde o comenzo da Democracia e lembra que "se está a falar de traballadores con posto fixo de traballo no concello".

Ademais, Rosa Moreiras desvela que moitos dos afectados son delegados sindicais ou candidatos nas eleccións a delegados que comenzan o xoves neste concello.

Dase a circunstancia de que son todos servizos postos en marcha polos grupos que agora se atopan na oposición, BNG e PSOE. A radio de Ames esta considerada das máis pluráis e tiña una vinculación especial cos veciños e o servizo de normalización lingüistica chegou a acadar o premio Lois Peña Novo pola sua laboura. Son servizos que teñen un contacto directo co tecido asociativo e veciñal do concello.

A CIG convocou unha rolda de prensa para o próximo xoves na que explicará a sua postura sobre o proceso aberto polo equipo de goberno de Ames.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

8 Trabajadores de Ames

Intolerable o que pretende facer o Alcalde de Ames Santiago Amor, din no meu pobo que a ignorancia é atrevida pois este tipo.... Esto solo é o comezo, continuaran por outros servizos nos que o contrato se remata en Xaneiro, logo en Xuño... E polo único que fan esto é porque esa xente comezou a traballar nun goberno de coalición, e polo tanto está marcada polas siglas do BNG ou do PSOE que máis lle da a eles total, non son dos deles ou eso creen porque seguro que no medio se lle pode colar algún, xa que o voto é secreto e non deberían saber a quen votamos.

7 Koroshiya Itchy

Os do PPSOE o único que querem é ganhar pontos em Madrid. Se em Madrid está na moda a galegofobia, pois todos a cagar no nosso. Ponto redondo. Os galegos somos assim.

2 CranioF

As rapazas que están na primeira fila pártense o cú. Ese tío está retolo. (falo do vídeo obviamente).

6 FOX

Ni nacionalismo ni leches. QUE NO HAY PASTA. QUE NO OS QUEREIS ENTERAR. QUE SE ACABO LA BARRA LIBRE DE ESTOS AÑO. TOCA AHORRAR EN TODO Y NO GASTAR. SIN COMER, NI SANIDAD NI EDUCACION NO PODEMOS PASAR PERO DE LA CULTURA SOLO COMEN LOS DE SIEMPRE Y ESO SE ACABO. CARALLOOOOO

1 Arenga

Que nom há "pasta"!!!!!!!! mais de 200.000 milhons leva regalado o estado espanhol à banca, assim que "have-la hai-la". Sabes quanto gasta este concelho em publicidade (quer dizer em promocionar ao PP)??? Se já hà gente coma ti agora, nom sei como sairam os que vêm ao retirar-lhe a pouca cultura que temos.

2 Cholas

Nin te molestes Arenga, éste mais que un raposo é un can lambeteiro dos poderosos.

3 CranioF

Moito reintegracionismo, moita "m" ao final das palabras, e logo dicimos "have-la hai-la". É increíble a cantidade de fallos que hai entre os foreiros coa forma pronominal "no, na, nos, nas". Nótase que moitos non mamaron o galego da aldea xamáis, transferido oralmente, e logo nos dan leccións aos outros.

4 Lucense

Nom sabia que mamar o galego da aldeia dava carta de natureza para ser um galego puro. E como talvez outros mamarom galego em aldeias onde oralmente é possível essa confusom entre pronomes, som culpados automaticamente polo censor de turno. "M" no final de palavras nom se pronuncia como o "m" em interior de palavra, dito seja de passagem. A Língua "transferida" oralmente merece todo o respeito, mas nom confundamos essa fala com a escrita, por favor.

5 CranioF

Non manipules, eu non dixen nada de ser "un galego puro", iso é típico doutros que gostan de dicir "non és galego, és un gayeguiño" e esas cousas. En galego de toda a vida dise "haina", e cando alguén di "haila" é por influencia do castelán, o sabe ata o gato. E pasa por non haber mamado galego de verdade, isto non é ningún delito, pero logo resulta que moitos destes nos dan leccións aos demáis sobre ser galego, sobre o galeguismo, sobre a língua... Mírate de exemplo, eu xa sei cómo se pronuncia a "m" final do portugués ¿Quén che preguntou nada?. E por certo, iso non pinta nada na escrita do galego pois éste non ten vocais nasais.

6 Lucense

"Haber mamado" é um castelhanismo. Em galego seria "ter mamado". O da pureza, quanto menos da língua, estava implícita na tua afirmaçom. "o sabe ata o gato", má colocaçom do pronome decalcada do castelhano. As letras em galego som masculinas e nom femininas, é "o m" e nom "a m". O de que nom pinta nada e que em galego nom existem as vogais nasais já o deixamos para o museu dos dislates.

7 CranioF

No primeiro dóuche a razón, moitos anos de vivir en Asturias tamén deixan pegada. Respecto ao das vocais, iso non se aprende do galego de aldea, sería xa unha cousa máis culta e aí podo fallar eu e calquera. O patético son os fallos básicos por non ter escoitado galego falado, transmitido espontáneamente pola xente xeración tras xeración. Iso é o que a mín me indigna en persoas que logo che dan leccións de galeguismo. As nasais xa me dirás ónde raio están, eu nunca as sentín. Coidaba que o galego tiña SETE vocais.

8 Lucense

Obviamente, o "m" nom é vogal. Polo qual tampouco sei muito bem a razom do teu comentário sobre o "m" final, mas enfim...Dizer que a nasalidade desapareceu do galego oral acho que é muito dizer, nom é o que eu tenho lido. De todos os jeitos, se nom for assi, isso nom invalidaria para nada a teoria reintegracionista. Nesta a perspectiva nom é,ou nom deveria ser, a homogeneizaçom ou a uniformizaçom senom a unidade, em relaçom com o universo de língua portuguesa.

5 Arenga

O nacionalismo espanhol coma sempre em contra do galego, da cultura e da informaçom livre.

1 Black Crow

Bueno, tampoco se van a gastar los cuartos en toros como hacen en Allariz. Además, si hay que escoger entre una buena orquesta y un grupo de folkis insoportables de esos que os gustan tanto alos nacionalistas, pues donde haya un buén guarachá ...

2 CranioF

Non creas, Mini e Mero con unhas boas bases de rock industrial ao estilo The Revolting Cocks gañan moito.

3 Black Crow

Nah, donde esté la Orquesta Topolino.

4 Nacio

O carallo é quen en Ames se programaba para todos os gustos e moito para as familias os nenos, e coas orquestras de toda a vida nas festas tamén. Por iso, menos cachondeo, aquí estamos a falar de cousas serias e non de caralladas. Ben sei que vos quixerades unha festa dos callos e a Baltar tocando o bombo...

5 Black Crow

Sí hombre sí, ¿Así que menos cachondeo porque se programaba de todo y para todos? claaaro, había orquestas para los unos y folkies para los otros, y siete días de fiestas. Así que como esto es tan importante quedas encargado de encontrar unas cuantas inmobiliarias para que construyan 30 edificios al año durante los próximos 25 como se hacía antes, y con los impuestos que se recauden habrá guarachás y gaiteriadas a tutiplén ... y piscinas, y viajes para la tercera edad, etc ... Vamos, hombre, a que esperas, que es muy importante ...

4 Español y punto

Eso es hacer política como Dios manda

1 Amesán

O alcalde de Ames participou hai uns días nun acto público onde recolleu o premio Lois Peña Novo como representante máximo dun concello referencial no ámbito da normalización lingüística. Alí dixo que se congratulaban deste galardón que recoñecía un grande labor de difusión lingüística e cultural en sentido amplo. Agora dá pasos atrás, eu creo que iso non é facer política, iso é a falsidade feita persoa. Tiña que terse presentado ás eleccións dicindo que ía desmontar ese servizo, a radio municipal ou a programación cultural, modélica, do seu municipio. Iso é fraude, programa oculto... ignorancia e barbarie.