O PP recorta a cultura e a lingua en Ames

Os populares eliminarán 12 postos de traballo, principalmente, da área lingüística e cultural. Audios coa presidenta da mesa de persoal no interior.

Por Manel Pardo | Ames | 15/11/2011 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O novo goberno popular de Ames aprobou xa recortes importantes neste concello. Recortes que suporán o despido de nove traballadores municipais e a desaparición de 12 postos de traballo.

None

Este mediodía eran convocados os representantes dos traballadores a unha reunión para debatir a proposta do concello de eliminar os servizos de normalización lingüistica, o de animación a lectura, o gabinete de comunicación e a radio municipal o que suporía a desaparición de 12 postos de traballo segundo a RPT e o despido de 9 traballadores en activo.

Ante a negativa da xunta de persoal de debatir sobre uns documentos que lles acababan de ser entregados o encontro pospuxose para o próximo venres as 8 da mañán, 4 horas antes da comisión informativa na que o equipo de goberno ten previsto presentar a proposta ao resto dos grupos municipais.

Na noite deste martes conseguiamos falar coa presidenta da mesa de persoal Rosa Moreiras. O comite rexeita a proposta do equipo de goberno e cre que se trata do "atentado máis grave" contra os traballadores desde o comenzo da Democracia e lembra que "se está a falar de traballadores con posto fixo de traballo no concello".

Ademais, Rosa Moreiras desvela que moitos dos afectados son delegados sindicais ou candidatos nas eleccións a delegados que comenzan o xoves neste concello.

Dase a circunstancia de que son todos servizos postos en marcha polos grupos que agora se atopan na oposición, BNG e PSOE. A radio de Ames esta considerada das máis pluráis e tiña una vinculación especial cos veciños e o servizo de normalización lingüistica chegou a acadar o premio Lois Peña Novo pola sua laboura. Son servizos que teñen un contacto directo co tecido asociativo e veciñal do concello.

A CIG convocou unha rolda de prensa para o próximo xoves na que explicará a sua postura sobre o proceso aberto polo equipo de goberno de Ames.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

3 Cidre

Quén lle sacou ao BNG votos? Creo que o comunismo estalinista roza a paranoia. Os votos non son do BNG, PP, PSOE, Ames de Esquerda... OS VOTOS MÉTEOS A XENTE LIBREMENTE NA URNA....macarróns!!!!

1 saña

Claro que os meten libremente na urna despois de lavarlle ben a cabeza con PPersil

2 galego normal

Outro exito do suposto independentismo, que lle quitou 500 votos ó BNG nas municipais.

1 Iowa

Me canso de ripitirlo, la culpa es una vez más de los lusistas. Si los galleguiños se conformaran con un dialectiño de la lengua común, no nos veríamos obligados a tomar estas mididas para salvaguardar la unidá nacional.

1 Brioner

Que imbécil es! Non parodies tanto, que estou seghuro que no que escribes é no que ti falaches ata hai ben pouco...

2 egomateix

Pois se antes o falaba mellor para él: merece todo o noso recoñecemento polo difícil paso de mudar de lingua. Estou farto de que usedes o de ser neofalante como insulto cando eles deron un paso na defensa da nosa lingua que a maioría de paleofalantes non daría. O galego, sen neofalantes, non ten futuro... así que hai que mimalos. E mesmo diría que moitas veces é mellor un falante de castelán que defende o galego aínda que non se atrevese a dar o paso (en parte por culpa de xente coma tí) que un paletofalante (o tipo máis estendido de paleofalante) que só fala galego para dicir barrabasadas e "caghondioses" e que educa os fillos en castelán. O castelán non fai a ninguén mellor ou peor, así que falalo na infancia, coa familia ou mesmo con todo o mundo se é a lingua en que fomos educados non tira puntos... ao contrario, é falar galego o que os dá.

3 Brioner

Pois despois de ler toda o teu ladrillo que non ten nada que ver co que eu puxen, direiche que respeto absolutamente ós neofalantes. A quen non respeto é a quen pretende dar leccións ós demais facendo burla de calquera lingua ou do xeito de falar da xente, sexa en castelán, en galego ou en chino... Acabouse!.