Cara onde vai Europa?

Cando se puxo en marcha o euro parecía que todos íamos a ser moitos máis ricos e máis felices.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 18/11/2011

Comparte esta noticia

 A unión monetaria fíxonos crer que todos os países estábamos á mesma altura. E non era así. Unha crise que naceu nos Estados Unidos,  por mor dunhas hipotecas lixo, fixo un contaxio que paso  a paso foinos abrindo os ollos. E todos empezamos a decatarnos de que a vella Europa, coa súa flamante unión monetaria, era practicamente ingobernable con 27 economías distintas; con estados soberanos que non se poñían de acordo para tomar decisións e, paso a paso, fomos, e seguimos camiñando, sen rumbo. ¿Cara onde vai Europa? Esa é a pregunta do millón.

Hai comentarios e opinións para todos os gustos. Pero chegamos a un momento no que os mercados mandan e a política sen dirección obedece. Polo que chegou a hora  de afirmar  que, ou hai máis Europa e se avanza no camiño da unión política,  ou sufriremos como ninguén as consecuencias da voracidade dos mercados. Diría eu, dos insaciables mercados.

Ben sei que, ao marxe das decisións políticas que se tomen, seguro que cedendo soberanía á Unión Europea, moitos dos problemas particulares nosos seguiran presentes. E sempre estarán agravados polas características propias das nosas debilidades. Pois a falla de industrias, sobre todo na Galiza interior, o problema do ladrillo e moitas peculiaridades mais, son unha eiva que nos pesa coma un gran penedo que está a punto de esmagarnos.

Pero na Europa dos mercaderes, dos especuladores, ¿quen manda? Mandan  os políticos elixidos polos cidadáns, ou os tecnócratas elixidos pola Merquel. A verdade é que o vello continente está nunha encrucillada; nun parto traumático do que somentes  sairá o día no que a política con ideoloxía e obxectivos a longo prazo se impoña sobre a lei especuladora dos mercados. Teñen que mandar os políticos elixidos polos cidadáns, e non os tecnócratas nomeados a dedo. Teñen que mandar os representantes elixidos e non   os que se poñen ricos á conta da usura.

Por tal motivo pregunto insistentemente: ¿Cara onde vai Europa? Ou se se quere: ¿ten proxecto político esta Unión feita de  enriba a baixo? Esta que, agora, castiga á maioría dos cidadáns con recortes traumáticos; que os penaliza con políticas e cargas económicas  brutais. Cara onde camiña a unión nacida do Benelux e da CEE. ¿Somos un mercado ou somos unha unión política? Posiblemente todos esteamos de acordo que, neste momento só somos un mercado, onde cada Estado busca a maneira de salvarse. E nun mundo onde a economía está globalizada, ou nos salvamos todos, ou nada pintamos na economía mundial no mellor dos casos. E  no peor, camiñamos cara a recesión permanente, a pobreza e ate puidera ser: o desastre económico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com