Inician unha campaña para promover o uso do galego na declaración da renda

Destacan que "hoxe en día" existen aplicacións informáticas que non ofrecen esta opción na Axencia Tributaria, e lembran que a elección da lingua ten "relación directa cos seus dereitos fundamentais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística inicia unha campaña para promover o uso da lingua galega na presentación da declaración da renda de 2018, que iniciará o 2 de abril.

Nun comunicado, sinalan que cun xesto "sinxelo e inmediato", promóvese o exercicio dos dereitos e lánzase unha mensaxe á Administración do Estado, para que se corrixa "a inxusta situación e a marxinación" nos departamentos da súa competencia.

Neste sentido, destacan que "hoxe en día" existen aplicacións informáticas que non ofrecen esta opción na Axencia Tributaria, a Seguridade Social ou o ámbito da Xustiza, e lembran que a elección da lingua por parte dunha persoa ten "relación directa cos seus dereitos fundamentais" e o desenvolvemento da súa personalidade.

Ao longo do próximos tres meses, a asociación difundirá polas redes imaxes de cidadáns apoiando a citada campaña e remitiranse propostas de mocións para que os diferentes concellos fagan unha declaración en defensa desta iniciativa.

Declaración da Renda. EUROPA PRESS - Archivo
Declaración da Renda. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xavolve

A estas alturas eu conformaríame cunha campaña galega xeral para galeguizar ao país. Ou se aplica a inmersión nas escolas ou en poucas décadas o galego será anecdòtico como xa o é en moitísimos eidos de Galiza.