A violencia sexual entre a mocidade, un problema que afecta no ámbito universitario

A Xunta e as universidades colaboran para visibilizar este asunto. Realizarán estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais nesta etapa educativa

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/03/2019 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A Xunta e as universidades galegas colaboran para visibilizar a violencia sexual entre a mocidade, unha temática abordada este mércores nunhas xornadas celebradas na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC).

Á súa inauguración, asistiu a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que agradeceu a colaboración das tres universidades galegas para a realización do encontro. Nel, participaron tamén o reitor da Universidade coruñesa (UDC), Julio Abalde, e o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Manuel Peralbo, entre outros.

A xornada enmárcase dentro das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, segundo expuxo a secretaria xeral de Igualdade. A norma implica ás universidades na realización de estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario.

Xunta e universidades galegas colaboran para visibilizar a violencia sexual en. CONSELLERIA DE PRESIDENCIA
Xunta e universidades galegas colaboran para visibilizar a violencia sexual en. CONSELLERIA DE PRESIDENCIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta