A Garda Civil di que o morto no coche do lume de Toques era o propietario

Os investigadores din que tivo lugar no mesmo momentono que se iniciou o incendio. O alcalde asegura que "están abertas todas as hipóteses".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

A Garda Civil apunta que "é posible" que a persoa calcinada nun coche na zona do incendio de Toques (A Coruña) sexa o propietario do vehículo.

En declaracións a Europa Press, o alcalde de Toques, Miguel Buján, aseguraba que a persoa falecida "non é veciño de Toques, pero pode ser dos arredores", pois apunta que se sabe que o coche está matriculado no veciño municipio de Sobrado, aínda que se descoñece a súa identidade.

A Garda Civil explica que a Policía Xudicial deste corpo da Coruña traballa en esclarecer os feitos, pero polo momento "descoñécense por completo as circunstancias". Engade que dado que o corpo está calcinado e "irrecoñecible" hai que esperar aos resultados de ADN.

Os equipos de extinción chegaron á parroquia da Capela e localizaron ao falecido nun coche en chamas. A Consellería de Medio Rural indicou a Europa Press que "o incendio e a explosión do coche producíronse no mesmo momento", aínda que "non se pode determinar con seguridade" que o lume se iniciase por mor da explosión, "pero foron simultáneos", a partir das 22,00 horas do mércores.

Este lume queimou unhas 35 hectáreas tras ser extinguido ás 7,20 horas deste xoves. Nas tarefas de extinción participaron catro axentes, catro brigadas, cinco motobombas e unha pa.

Coche calcinado nunha pista forestal
Coche calcinado nunha pista forestal | Fonte: Durangon.com

ALCALDE DE TOQUES

Pola súa banda, o alcalde de Toques, Miguel Buján, asegura que está abertas "todas as hipóteses" sobre o cadáver que apareceu calcinado nun coche na zona do incendio declarado neste municipio coruñés.

En declaracións a Europa Press, o rexedor asegura que a persoa falecida "non é veciño de Toques, pero pode ser dos arredores", pois apunta que se sabe que o coche está matriculado no veciño municipio de Sobrado, aínda que se descoñece a súa identidade.

O corpo foi atopado nunha pista no monte polos equipos de extinción dun lume iniciado ás 22,07 do mércores. O cadáver foi levantado ao tres da madrugada para practicarlle a autopsia.
"Non se sabe se provocou o incendio ou hai outra circunstancia", explica o rexedor, aínda que "no medio do incendio parece que non estaba, hai moitas hipóteses". O incendio quedou extinguido pasadas as 7,00 horas deste xoves tras queimar unhas 35 hectáreas.

ALCALDE DE SOBRADO

O alcalde de Sobrado (A Coruña), Lisardo Santos, afirma que "todos os indicios" apuntan a que un veciño do seu municipio é o home localizado calcinado na zona dun incendio en Toques. O rexedor explica que este veciño "ten entre 50 e 60 anos", pero descoñece as circunstancias que rodean a morte deste home e remítese á investigación.

Precisamente, a Guadia Civil sinalara a posibilidade de que a persoa falecida fose o propietario do coche no que apareceu calcinado nunha pista no monte na parroquia da Capela, en Toques.

Pola súa banda, o alcalde de Toques, Miguel Buján, referiuse ao feito de que o coche está domiciliado no veciño municipio de Sobrado. Os equipos de extinción chegaron á parroquia da Capela e localizaron ao falecido nun coche en chamas. A Policía Xudicial da Garda Civil traballa para esclarecer os feitos.

A Consellería de Medio Rural indicou que "o incendio e a explosión do coche producíronse no mesmo momento", aínda que "non se pode determinar con seguridade" que o lume se iniciase por mor da explosión, "pero foron simultáneos" pasadas as 22,00 horas do mércores. Quedou extinguido na mañá deste xoves tras queimar 35 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta