A Xunta imita os venres sociais de Sánchez e anuncia axudas para as vítimas de violencia de xénero

Di que terán asistencia psicolóxica in situ e "inmediata" as 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde este xoves a un convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia polo que se dará asistencia psicolóxica a vítimas de violencia de xénero as 24 horas, de forma "inmediata" e "no lugar sinalado".

Tal e como o explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras a reunión semanal co seu Executivo, este servizo "de garda psicolóxica especializada", accesible a través do teléfono 900 400 273, poderá ser utilizado tanto polas vítimas como polos corpos de seguridade do Estado.

O profesional, tras recibir a chamada, "desprazarase inmediatamente ao lugar", segundo remarcou o presidente autonómico, xa que esta medida, financiada con 350.000 euros públicos, estará operativa "as 24 horas os 365 días do ano".

AV.- Consello.- As vítimas de violencia de xénero terán asistencia psicológi. XUNTA
AV.- Consello.- As vítimas de violencia de xénero terán asistencia psicológi. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta