A muller que incendiou un piso na Coruña e agrediu o caseiro pasará a disposición xudicial este venres

Os efectivos de emerxencia tiveran que evacuar a catro persoas como consecuencia do lume.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/03/2019 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

A muller detida na tarde do martes na Coruña, como suposta autora do incendio do piso no que vivía alugada e agredir ao seu caseiro, pasará a disposición xudicial este venres.

Así o informaron a Europa Press fontes da Policía Nacional. A muller foi arrestada tras un incendio no segundo piso do número 152 da avenida de Hércules, no que foi necesario evacuar a catro persoas.  Unha delas saltou ata o patio de luces. O caseiro da detida tamén tivo que ser atendido por lesións, tras a agresión cun coitelo.

Coche da Policía Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo
Coche da Policía Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo

Tras o aviso de varios particulares para pedir axuda, ao lugar trasladouse o 061, os Bombeiros e axentes da Policía Nacional e da Local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta