O Concello da Coruña atendeu o ano pasado case dúas mil consultas de poboación migrante

O concello herculino conta cun programa específico de reagrupamento familiar na cidade que ofrece orientación e acompañamento ás persoas solicitantes antes e durante o procedemento administrativo.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/03/2019 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A Unidade de Asesoramento ás Migracións (UAMI), o servizo dependente da Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña que presta atención á poboación migrante, atendeu o ano pasado un total de 1.756 consultas, un 4% máis respecto ao ano anterior.

Na presentación destes datos, a concelleira da área, Rocío Fraga, sinalou que a maior parte das consultas están relacionadas coas autorizacións de residencia temporal e comunitaria, ademais de reagrupaciones familiares. Entre as consultas, o 80% proceden de poboación migrante; o 19% de persoas retornadas e o 1% de poboación estatal. "O reagrupamiento familiar é a principal vía para as persoas estranxeiras non comunitarias de obter a residencia inicial", sinalou a edil sobre unha das consultas.

No Estado, a porcentaxe é do 50,85% e en Galicia, do 64,17%. No caso da cidade da Coruña, as autorizacións iniciais de residencia por este procedemento ascenden ao 58,7%, segundo expuxo Rocío Fraga. Ademais, explicou que o Concello da Coruña conta cun programa específico de reagrupamiento familiar na cidade que ofrece orientación e acompañamento ás persoas solicitantes antes e durante o procedemento administrativo.

28 03 19 Nota Igualdade. CONCELLO DA CORUÑA
28 03 19 Nota Igualdade. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta