Galicia, un país para os vellos

A esperanza de vida en Galicia supera por primeira vez a barreira dos 83 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A esperanza de vida ao nacer superou por primeira vez en Galicia a barreira dos 83 anos, segundo despréndese do último informe sobre indicadores demográficos publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Neste sentido, a estimación media de anos que vivirá unha persoa no caso de que as condicións de mortalidade se mantiveran constantes e semellantes ás actuais, alcanzou en Galicia no ano 2017 os 83,3 anos, segundo destacou a Xunta nun comunicado.

En comparación co ano 2016, a esperanza de vida sobe en ambos os sexos e chega aos 86,3 anos nas mulleres, fronte aos 86 no 2016. No caso do home, é de 80,2 anos, en comparación cos 79,5 do ano anterior.

A esperanza de vida aos 65 anos, entendida como a media de anos que queda por vivir a unha persoa que alcanza esa idade, situouse en Galicia nos 21,6 anos. Este indicador tamén é máis elevado no caso das mulleres (23,7) que no dos homes (19,4).

A publicación de indicadores demográficos enmárcase nas análises da poboación que realiza o IGE cada ano, "que permiten establecer comparacións temporais e tamén a nivel territorial". Ademais, estes indicadores desagregados por sexo ata o nivel municipal dan información sobre a estrutura da poboación, a fecundidade, a mortalidade ou a nupcialidad.

Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez
Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez | Fonte: canarias7

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Non entendo. Según os grupúsculos situados mais a esquerda, Galicia é un país terceiromundista, onde a xente vive en consdicións miserables, que nunca chegará a nada sen una revolución ¿ E logo por qué a xente vive tanto ?