Máis Galiza pide un cambio de mensaxe e de líder no Bloque

A UPG advirte que non tolerará máis "actitudes deslixitimadoras", ás que culpa do estancamento do 20N. O BNG fuxe da autocrítica nunha carta a militancia.

Por Walter Burns | Santiago | 22/11/2011 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha das críticas recorrentes da cúpula do BNG aos medios é a suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte. Desta volta a polémica xerada polo estancamento dos resultados nas eleccións xerais é tan notoria que resulta imposíbel imputala a maquinacións externas.

Na próxima Asemblea Nacional do 28 e 29 de xaneiro está en xogo o futuro a medio prazo da fronte. Non só pola nova advertencia dos Irmandiños, que insisten nunha refundación e volta ao asemblearismo como única alternativa a marchar do Bloque. Tamén polo renovado desafío de Máis Galiza ao liderado da UPG e polas críticas dos comunistas ante a suposta deslealdade dos seus compañeiros na fronte.

None

A UPG advirte que non tolerará "actitudes deslixitimadoras" do que vote a maioría

O partido maioritario no Bloque fixo pública a súa análise do 20N a través dunha editorial no dixital Terra e Tempo. Ao contrario que o voceiro nacional ao que apoia, a UPG non cualifica o resultado de "moi bo", pero si destaca o mantemento dos dous deputados nunha contorna supostamente adversa.

Tres son, na súa opinión, os factores que impediron captar votos do PSOE: a "carencia de cohesión interna que aparece magnificada para fóra", o "déscrédito e a frustación derivada dalgunhas experiencias de goberno" e a "política informativa, en medios públicos e privados, tan descaradamente agresiva e manipuladora, cando non ocultadora, coa alternativa nacionalista".

Noutras palabras, a UPG argumenta que críticas constante como as de Beiras, o recente e polémico paso polo poder na  Xunta liderado por Quintana e a suposta  persecución dos medios ao Bloque impediron medrar cando o PSOE emborcou.

Para o partido que lidera Francisco Rodríguez a recuperación pasa por "restaurar a unidade interna". E tamén lanza unha advertencia que parece unha invitación a marchar aos que non acaten o que vote a maioría dos militantes pois sinala que cómpre unha dinámica "onde non se permitan comportamentos e actitudes deslexitimadoras das decisións democraticamente tomadas".

Máis Galiza acusa a Guillerme de "triunfalista"

Unha interpretación que difire coa de Máis Galiza, a segunda corrente máis numerosa na fronte e máis próxima ao centro. "E precisa unha análise moito máis profunda e autocrítica do resultado electoral que a excesivamente triunfalista realizada polo Portavoz Nacional do BNG e refrendada por unha parte da Executiva", argumenta o Consello Nacional dos 'exquontanistas'.

O partido que lidera Carlos Aymerich entende que a lixeira caída de sufraxios "parécenos especialmente grave nun contexto no que o PSOE en Galiza perde 300.000 votos, que foron parar  en menor medida a Esquerda Unida (cun importante repunte no noso País) e en maior medida á abstención".

Para Máis Galiza o Bloque saiu tocado do 20N porque "non só non foi capaz de capitalizar ese voto descontento do PSOE, senón que mesmo perdeu parte do seu electorado", especialmente entre os máis mozos. O BNG perdeu case 30.000 votos e unhas décimas de porcentaxe de votos válidos.

E cal é a alternativa do grupo do voceiro parlamentario do Bloque? A solución pasa, na súa opinión por "cambios políticos, organizativos, de mensaxe e de liderado" para atraer novos votantes.

Táboas entende que se marcha Guillerme debe marchar toda a Executiva

O chamamento da UPG á unidade do Bloque e a conformación dunha lista integradora para a próxima Asemblea Nacional xa se pode desbotar a esta altura. Haberá guerra por captar cada un dos votos dos afiliados e lograr así, o liderado do nacionalismo.

A primeira batalla desa guerra será este sábado, onde o Consello Nacional deberá tratar a posta a disposción do cargo realizada por Guillerme Vázquez. O político pontevedrés xa aclarou que non pretende dimitir, só demostrar que el non vai ser impedimento algún para a unidade do Bloque.

Cuestionada sobre o futuro de Guillerme, a deputada e ex-conslleira Teresa Táboas dixo este martes que no Bloque non hai cargos unipersoais polo que, de ter que asumir responsabilidades polos resultados do 20N, debería dimitir toda a Executiva.

Carta aos afiliados sen autocrítica

Iso si, mentres agroman as críticas cruzadas entre as correntes, de portas para fóra o BNG, cuxo apartado goberna democraticamente a UPG, tenta transmitirlle aos seus afiliados unha análise positiva do resultado do 20N.

A fronte mandou hoxe unha misiva a todos os seus militantes na que non hai autocrítica. Na carta Guillerme Vázquez volve a insistir na mala influencia dos medios no electorado nacionalista ao lembrar que "despois das eleccións municipais de Maio deste mesmo ano publicáronse diversos artigos e mesmo estudos con prospección de voto en que se anunciaba a desaparición do Bloque Nacionalista Galego do Congreso". Por iso di que "podemos celebrar lexitimamente (...) que Galiza terá voz no Congreso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 139 comentarios

25 Sempre UPG

O que precisa o BNG é perder lastre, máis valen poucos e bos que moitos ruíns, xomo dixo o gran bautista é hora de perder unto. Que se marche Beiras, e a merdallada toda de +G e si, pode que o BNG pase a ter so 3 deputados, pero a moita honra. Para os afiliados da UPG a integridade e os valores están por riba de calrquera outra cousa, e iso é algo que os cacholáns sen ideais xamais chegarán a comprender. Viva a UPG por moito que vos foda e Viva Galiza ceibe e comunista

1 Kike

Bem dito: quem dixo medo! Pois venha, a ver se das feito e polo menos hai onde escolher..

2 Sesky

¿E por qué non vos vades os da UPG e vos presentades baixo estas siglas?

3 Keki

Seski: a ordem dos fatores nom altera o resultado..

4 CIENFUEGOS

I PORQUE NON SE VAT A U P G? SE VAIA QUEN SE VAIA O CERTO QUE ASI NON IMOS A NINGURES ¿COMO E POSIBLE PENSAR NUHA GALIZA COMUNISTA NO SECULO XXI ?OS IRMANDIÑOS E + GALIZA TEÑEN QUE DAR A CONOCER O QUE PENSAN PIOS CO ASEMBLEAS ABERTAS SIN MAIS NON SE GOBERNA NADA ¿TEREISA TABOAS E UNHA BOA PROPOSTA E PEREZ BOUZA TAMEN

5 Realista

Supoño que para aquelas quen "os valores están por riba de calquera outra cousa", tamén están estes valores por riba de Galiza. Igual é que precisamos xente que pactaría mesmo co Diaño con tal de liberar a este país dunhas poutas que o esmagan desde hai 500 anos.

24 Poe

O Bloque non sube porque non é dono de ningunha televisión nin radio para gañar como o fai o PP ou para que a mocidade galego monte un movemento de denuncia de nada e sexa escoitado por ninguén. O día que o BNG teña capacidade de manipulación gobernara en Galiza. Por certo, se o Encontro Irmandiño se separa do Bloque serán independentistas non? Sería bo ver como se sube dos dous millares da FPG a un partido con representación parlametaria.

1 xose de compostela

Para ter unha radio ou unha television hai que ter organizacion e ter dirixentes que teñan vision de futuro. ¿Que vison ten a xente da upg, mais que o seu bandullo?, ningunha, pois todo o que non controlan o boicotean. Namentras o bng tña nas suas entrañas aos infiltrados do pp dentro (upg) vai de capa caida, non hai que facer. Os nacionalistas estamos orfos dunha organizacion e votamos bng por responsabilidade nacional non por confianza nos dirixentes nin ilusion, elementos esenciais para medrar en votos. Namentras outros avanzan e afianzan o nacionalismo, en Galicia o bng perdese en debates esteriles (todos aqueles que asistimos as asembleias en Compostela e padecemos o conto repetitivo dos santos da u sabemos do que falamos).

2 xose de compostela

Para ter unha radio ou unha television hai que ter organizacion e ter dirixentes que teñan vision de futuro. ¿Que vision ten a xente da upg, mais que o seu bandullo?, ningunha, pois todo o que non controlan o boicotean e analisan facasos como exitos. Namentras o bng teña nas suas entrañas aos infiltrados do pp dentro (upg) vai de capa caida, non hai que facer. Os nacionalistas estamos orfos dunha organizacion e votamos bng por responsabilidade nacional non por confianza nos dirixentes nin ilusion, elementos esenciais para medrar en votos. Namentras outros avanzan e afianzan o nacionalismo, en Galicia o bng perdese en debates esteriles (todos aqueles que asistimos as asembleias en Compostela e padecemos o conto repetitivo dos santos da u sabemos do que falamos).

3 Keki

Sempre o motivo ou a culpa de nom podermos fazer alguma cousa é externa: nom podemos acadar o poder porque nom temos meios afins, nom podemos promover a escolarizaçom completa em galego nem deter a desgaleguizaçom porque nom estamos no governo, nom podemos promover um tecido económico próprio -nem que for cooperativo, como o basco- porque nom temos cartos,... nom, nom, nom. Nom gosto especialmente do Beiras (e ultimamente menos), mas quando conseguiu que o Bng fosse a segunda força política da Galiza nom tinha tampouco nengum meio afim e contudo conseguiu-no, ainda que para isso tivesse que tirar um sapato e bater com ele no escano do Parlamento (isso que pode parecer uma parvada saiu em todos os informativos do Estado). Que falem dum, ainda que seja bem. E quando nom chegam os meios hai que por-lhe imaginaçom!

4 Antón

Nin siquera foi moi orixinal Beiras co zapato, tan só limitouse a imitar a Khruschev na ONU, ainda que admiro o Beiras economista do Atraso económico de Galiza ainda que en Galiza hai millores economistas que él como José Iglesias Fernandez por poñer só un exemplo.

23 Máis credibilidade

"suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte", e o di nada menos que a páxina web Galicia Confidencial!!!! Se un extraterrestre observa o planeta a través desta páxina pensaría que o BNG é o goberno do planeta, que non hai nada fóra del. E na mesma noticia de que "cuxo aparato goberna democraticamente a UPG". O BNG ten unha dirección COLEXIADA, señores benególogos. A ver se ides ter que ir a clases de benegoloxía, que ao final nin sabedes terxiversar cun mínimo de disimulo. E aos que agardaban a nosa desaparición e agora lles parece pouco que aguatáramos o votos, pois a seguir facendo pronósticos, que é o voso.

1 Black Crow

Ni colegiada ni leches, manda Paco por cohones y punto pelota, y el resto a callar. Además yo no creo haber afirmado nunca pretender su desaparación, en realidad les deseo una muerte lenta, estilo HAL 9000. Sus últimas palabras serían ... "Adeus cargos, adeus chopes, adeus .... Daisiiiii, Daisiiii".

2 todo pola pasta!

Aguantar os votos é perder 30.000 votos? Perder un 20% é aguantar? E máis nun contexto onde o PSOE baixa 300.000, IU recupera 50.000, sobe o voto nulo e a abstención por riba de 50.000? Elección tras elección a baixa é continuada, en picado, e resiste? Aquí o único que aguanta é a caste acomodada que vive do BNG, os colocados, os mantidos e a asúa rede clientelar. Un noxo, e por riba queren facer as contas tortas para xustificar a desfeita.

3 Keki

O problema é que o Bng já nem sequer é visto como partido-refúgio ou alternativa para o voto progressista quando outros partidos na teoria progressistas baixam. O Psoe afundiu-se .... e o Bng perdeu 30.000 votos!

22 Mercedes

Escición ya, Carlos. No vais a ninguna parte con la UPG.

1 Kamarada

Os espanholeiros de IU querem tirar partido da excisão do Bloco XD

2 Galeguista

E dalle que te pego camarada vividor, e tumab que dalle e dalle que tumba. Apreto o puño e non solto o billete, pero sonche moi moi comunista

3 Mercedes

Kamarada, vosotros no amais Galicia, os comeis entre vosotros por un salario fruto de la política. Vuestra gestión carroñera en Diputaciones, Xunta y varios ayuntamientos os llevó a que la generación Beiras(al que goleásteis duramente) ahora pase de vuestro Bloque. Tú no sabes nada de mi. Te diré que las que no hemos nacido en Galicia la queremos más que vosotros, que la haceis daño, sólo por mirar por vuestra conveniencia. Sufrid, malditos, sufrid!!

4 Kamarada

Eu não sou do Bloco XD E algum dia contarei como concelheiros de Izquierda Unida foram "convencidos" para votar a favor da instalação de Forestal del Atlántico em Mugardos. E das práticas mafiosas desta empresa e de como extorsionou aos vizinhos para proceder à ampliação que deu lugar a REGANOSA. Algum dia.

5 FALAMOS?

Eu quero falar de como delegados de CCOO militantes de EU venderon a centos de traballadores, apoiando á UGT ás Pontes que non é mais que unha mafia antisindical tramada polo PP no polígono industrial da somozas

6 Forgoselo

De mafias sindicais nas Pontes podelles preguntar a Nandi "o deputado", podeslle preguntar polo seu apoio a Reganosa, á mina de Andalucita nas Fragas do Eume, á solución máis barata para Endesa no burato, enchelo de auga, etc,etc e de como leva 25 anos de delegado sindical de Endesa. do seu apoio a que Endesa siga queimando carbón, etc, etc

21 Gaiteiro

A proba de isto é que unha das enmendas do BNG á Ley De Medios Públicos foi en vez de disminuir, duplicar o número de membros no Consello de Administración da CRTVG, para poder colocar outros dous (agora están a Secretaria de Organización e Xefa de Campaña Montse Prado, e o Responsable de Comunicación, biógrafo de Paco Ro e ex-traballador da Coz señor Mexuto , ambos da UPG) Iste é o modelo de medios de comunicación públicos da UPG, e por extensión, o modelo de país.

1 todo polo pasta!

O interese do BNG é igual que o do PP e o do PSOE: chupar da teta pública mentres dure, ou os deixemos!

2 Manuel P.

Non todos no BNG, non todos, o Problema é que un 10% da militancia do BNG, e que si se adican a iso, son por desgracia cara visible do partido.