Máis Galiza pide un cambio de mensaxe e de líder no Bloque

A UPG advirte que non tolerará máis "actitudes deslixitimadoras", ás que culpa do estancamento do 20N. O BNG fuxe da autocrítica nunha carta a militancia.

Por Walter Burns | Santiago | 22/11/2011 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha das críticas recorrentes da cúpula do BNG aos medios é a suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte. Desta volta a polémica xerada polo estancamento dos resultados nas eleccións xerais é tan notoria que resulta imposíbel imputala a maquinacións externas.

Na próxima Asemblea Nacional do 28 e 29 de xaneiro está en xogo o futuro a medio prazo da fronte. Non só pola nova advertencia dos Irmandiños, que insisten nunha refundación e volta ao asemblearismo como única alternativa a marchar do Bloque. Tamén polo renovado desafío de Máis Galiza ao liderado da UPG e polas críticas dos comunistas ante a suposta deslealdade dos seus compañeiros na fronte.

None

A UPG advirte que non tolerará "actitudes deslixitimadoras" do que vote a maioría

O partido maioritario no Bloque fixo pública a súa análise do 20N a través dunha editorial no dixital Terra e Tempo. Ao contrario que o voceiro nacional ao que apoia, a UPG non cualifica o resultado de "moi bo", pero si destaca o mantemento dos dous deputados nunha contorna supostamente adversa.

Tres son, na súa opinión, os factores que impediron captar votos do PSOE: a "carencia de cohesión interna que aparece magnificada para fóra", o "déscrédito e a frustación derivada dalgunhas experiencias de goberno" e a "política informativa, en medios públicos e privados, tan descaradamente agresiva e manipuladora, cando non ocultadora, coa alternativa nacionalista".

Noutras palabras, a UPG argumenta que críticas constante como as de Beiras, o recente e polémico paso polo poder na  Xunta liderado por Quintana e a suposta  persecución dos medios ao Bloque impediron medrar cando o PSOE emborcou.

Para o partido que lidera Francisco Rodríguez a recuperación pasa por "restaurar a unidade interna". E tamén lanza unha advertencia que parece unha invitación a marchar aos que non acaten o que vote a maioría dos militantes pois sinala que cómpre unha dinámica "onde non se permitan comportamentos e actitudes deslexitimadoras das decisións democraticamente tomadas".

Máis Galiza acusa a Guillerme de "triunfalista"

Unha interpretación que difire coa de Máis Galiza, a segunda corrente máis numerosa na fronte e máis próxima ao centro. "E precisa unha análise moito máis profunda e autocrítica do resultado electoral que a excesivamente triunfalista realizada polo Portavoz Nacional do BNG e refrendada por unha parte da Executiva", argumenta o Consello Nacional dos 'exquontanistas'.

O partido que lidera Carlos Aymerich entende que a lixeira caída de sufraxios "parécenos especialmente grave nun contexto no que o PSOE en Galiza perde 300.000 votos, que foron parar  en menor medida a Esquerda Unida (cun importante repunte no noso País) e en maior medida á abstención".

Para Máis Galiza o Bloque saiu tocado do 20N porque "non só non foi capaz de capitalizar ese voto descontento do PSOE, senón que mesmo perdeu parte do seu electorado", especialmente entre os máis mozos. O BNG perdeu case 30.000 votos e unhas décimas de porcentaxe de votos válidos.

E cal é a alternativa do grupo do voceiro parlamentario do Bloque? A solución pasa, na súa opinión por "cambios políticos, organizativos, de mensaxe e de liderado" para atraer novos votantes.

Táboas entende que se marcha Guillerme debe marchar toda a Executiva

O chamamento da UPG á unidade do Bloque e a conformación dunha lista integradora para a próxima Asemblea Nacional xa se pode desbotar a esta altura. Haberá guerra por captar cada un dos votos dos afiliados e lograr así, o liderado do nacionalismo.

A primeira batalla desa guerra será este sábado, onde o Consello Nacional deberá tratar a posta a disposción do cargo realizada por Guillerme Vázquez. O político pontevedrés xa aclarou que non pretende dimitir, só demostrar que el non vai ser impedimento algún para a unidade do Bloque.

Cuestionada sobre o futuro de Guillerme, a deputada e ex-conslleira Teresa Táboas dixo este martes que no Bloque non hai cargos unipersoais polo que, de ter que asumir responsabilidades polos resultados do 20N, debería dimitir toda a Executiva.

Carta aos afiliados sen autocrítica

Iso si, mentres agroman as críticas cruzadas entre as correntes, de portas para fóra o BNG, cuxo apartado goberna democraticamente a UPG, tenta transmitirlle aos seus afiliados unha análise positiva do resultado do 20N.

A fronte mandou hoxe unha misiva a todos os seus militantes na que non hai autocrítica. Na carta Guillerme Vázquez volve a insistir na mala influencia dos medios no electorado nacionalista ao lembrar que "despois das eleccións municipais de Maio deste mesmo ano publicáronse diversos artigos e mesmo estudos con prospección de voto en que se anunciaba a desaparición do Bloque Nacionalista Galego do Congreso". Por iso di que "podemos celebrar lexitimamente (...) que Galiza terá voz no Congreso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 139 comentarios

15 Galicia Confidencial

Gracias aos que comentades dende calquera posicionamento político sen insultar. Aos poucos que non respetan as mínimas normas de educación animámolos por enésima vez a facer eses comentarios noutros foros.

14 Xan Vázquez

Os do 13, o que dicides non ten senso ningún. Dividir 200.000 entre 3 sae a 70.000 votos por partido (sendo xeneroso e só aplicando matemáticas e como si os votantes fosen robots). Dos 200.000 votantes que ten de media o BNG moitos vótanno porque lles peta ou por marketing. Non porque sexa un militante comprometido coa lingua e demais. Activistas, activistas, non chegan aos 90.000. E todos os nacionalistas sábenno. Así que hai que asumilo ou nacionalizarse noutro país. Beiras non se vai nin se foi porque o sabe. Tamén é certo que 90.000 activistas son moitos si os comparamos con 90.000 votantes do PP. Xa que a súa forza radica na Galiza, na ignorancia e en "SALVAME DELUXE" e por suposto na "LA NORIA". Por eso non estou tan triste. Tampouco estou ledo. É o que hai.

1 Keki

200.000 .... e baixando, esse é o teito que se auto-colocou o nacionalismo. Fantástico! Ninguém pode ser sumado nem ninguém pode ser atraído..

2 Wellcome Lenin

O pobo loitando nas ruas e vos falando de unhas migallas de votos pra acadar unhos postos no parlamento burgués que por outra banda como lle lembrou Arzallus os de Amaiur non sirven de ren porque todo o que propoñas botancho abaixo o PPSOE, eso é o malo do nacionalismo revisionista que non mide os tempos e non está o lado das loitas do pobo e logo o pobo dalle as costas.

3 Keki

o POVO TAMBÉM VOTA ...

13 Black Crow

Hay que olvidarse de Beiras, porque lleva años y años con la misma amenaza y al final traga con un carguito. Los que deben dar el paso son Táboas y Noriega, y este paso no es otro que dinamitar el BNG y que cada uno se presente con sus siglas. Voy a contaros un pequeño secreto, Alberto me ha comentado que piensa adelantar las elecciones a Noviembre del año próximo, y Alfonso me lo ha confirmado. Así que este paso debe darse antes del congreso de Enero, de lo contrario no habrá tiempo. Que nadie se espere milagros, el objetivo sería sacar los mismo diputados que la UPG. 4 o 5 estaría bién. El plan a 8-12 años vista sería lograr la marginalidad de la U y recuperar la unidad del progresismo gallego y los resultados obtenidos por Beiras, que sería un magnífico presidente de honor, como Di Stefano. Táboas sería Florentino y Noriega Mouriño.

1 Black Crow

Además, la UPG se mostró inútil para lograr atraer a ni uno solo de kilos 300.000 votos progresistas que ZP ha dejado huérfanos, por lo que hay 300.000 pavos y pavas progresistas en Galicia que no les gustan ni ZP ni Paco Ro. ¿Entendéis el plan, pequeños saltamontes? O ahora o nunca, y enero es el momento.

2 Black Crow

Y si a esos 300.000 votos les unimos los 1436 de CXXI, salen 301.436. Y en cuanto los del IU empiezen a hacer el ganso haciendole la pinza al psoe, otros cuantos miles mas. Un partido de izquierdas nuevo en esta coyuntura es como abrir el único chiringuito existente en una playa a las cinco de la tarde en medio de una ola de calor ... un chollo!

3 Gustavo

Meu pequeno corvo, pero ti de qué vas, de pepeiro preocupado polo devir do BNG? de presunto confidente de feijoo e rueda, para darte importancia no anonimato internético? E por outra parte, as túas comparacións madridistas aplicadas ao bloque atufan algo. Polo demáis, se hai escisión habería que ver si non hai sorpasso máis rápido, aínda que La Coz e outros medios defenderían ao Bloque-UPG con todos os medios, teñen un vergonzante (para a U) pacto de non agresión-apoio a intereses comúns (caixas). Si o bloque non muda moito en xaneiro, a encetar outra cousa, así non se pode vivir eternamente.

12 Keki

E tampouco entendo a necessidade de haver só um partido nacionalista na Galiza. Nas outras nações sem Estado do Estado tenhem mais dum e vai-lhes muito melhor do que a nós!

1 Sandokán

Creo que o ideal sería que houbese un partido nacionalista de centro-dereita, un de centro esquerda e un independentista-revolucionario. O feito de xuntar todo na mesma organización en vez de aglutinar voto espántao.

2 Keki

Eu também penso que desse jeito cada quem podia ter uma voz e uma mensagem mais clara e dirigir-se ao seu eleitorado-alvo de maneira mais eficaz..

3 RIPPrensagalega

Vexamos. Partido Galeguista, Coalición Galega, Centristas de Galicia, Partido Nacionalista Galego, PSG-EG logo Unidade Galega, Alternativa Galega, Converxencia Democratica Galega, Democracia Galega, Terra Galega, de novvo Partido Galeguista..... E si tal seguimos, todo sexa por siglas e nome, a pelexar todos na sua parceliña mentras outros arrecadan votos a man cheas e os poucos con conciencia nacional acabamos coa pouca miseria que temos... País

4 Xanti

Logo seguimos igual e descendendo... isa excusa xa non existe. Que na sociedade galega hai espazo para un partido de dereitas, chamémoslle as cousas polo seu nome, nacionalista é unha realidade que sempre temeu o PP. O PP tragouse literalmete a Coalición Galega, a meirande parte dos seus votantes pasaron a Fraga, e Centristas de Galicia. O Partido galeguista coma tal non existe... Alternativa Popular Galega apresentouse con CXXI, Terra Galega convertiuse nun partido municipalista, Converxencia Galega é zecais a parte mais nacionalista que se foi de Terra Galega e coido que queren entenderse con Converxencia XXI. Despois esa carallada de que o antigo partido de Beiras, manda carallo, o PSG-EG é de dereitas é unha cousa que soamente pode dicila un comunista... coma se soe dicir "todo parecido con la realidad es pura ficción".

5 RIPPrensagalega

Perdoa Xanti, pero eu non vexo en ningunha parte do que dixen que cualificase a eses partidos de dereitas ou de esquerdas. A historia de todas esas siglas coñézoa ben pero non viña a conto relatala aquí. Nos últimos 30 anos intentos de crear partidos á dereita houbo ducias, tamén de centro e de esquerdas, os resultados todos os sabemos e nesta sociedade nada cambiou, mais ben foi a peor, para que teña cabida algo así. Agora ben, se ti tes a fórmula, adiante, pero se falamos de ficción... sen ánimo de ofender, non é o meu estilo

11 Keki

Eu nom entendo a necessidade de manterem-se juntos .... para andar o dia todo a paus! Montade cada um de vós um partido (UPG, Encontro Irmandinho, +Galiza) e a gente decidirá!