Máis Galiza pide un cambio de mensaxe e de líder no Bloque

A UPG advirte que non tolerará máis "actitudes deslixitimadoras", ás que culpa do estancamento do 20N. O BNG fuxe da autocrítica nunha carta a militancia.

Por Walter Burns | Santiago | 22/11/2011 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha das críticas recorrentes da cúpula do BNG aos medios é a suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte. Desta volta a polémica xerada polo estancamento dos resultados nas eleccións xerais é tan notoria que resulta imposíbel imputala a maquinacións externas.

Na próxima Asemblea Nacional do 28 e 29 de xaneiro está en xogo o futuro a medio prazo da fronte. Non só pola nova advertencia dos Irmandiños, que insisten nunha refundación e volta ao asemblearismo como única alternativa a marchar do Bloque. Tamén polo renovado desafío de Máis Galiza ao liderado da UPG e polas críticas dos comunistas ante a suposta deslealdade dos seus compañeiros na fronte.

None

A UPG advirte que non tolerará "actitudes deslixitimadoras" do que vote a maioría

O partido maioritario no Bloque fixo pública a súa análise do 20N a través dunha editorial no dixital Terra e Tempo. Ao contrario que o voceiro nacional ao que apoia, a UPG non cualifica o resultado de "moi bo", pero si destaca o mantemento dos dous deputados nunha contorna supostamente adversa.

Tres son, na súa opinión, os factores que impediron captar votos do PSOE: a "carencia de cohesión interna que aparece magnificada para fóra", o "déscrédito e a frustación derivada dalgunhas experiencias de goberno" e a "política informativa, en medios públicos e privados, tan descaradamente agresiva e manipuladora, cando non ocultadora, coa alternativa nacionalista".

Noutras palabras, a UPG argumenta que críticas constante como as de Beiras, o recente e polémico paso polo poder na  Xunta liderado por Quintana e a suposta  persecución dos medios ao Bloque impediron medrar cando o PSOE emborcou.

Para o partido que lidera Francisco Rodríguez a recuperación pasa por "restaurar a unidade interna". E tamén lanza unha advertencia que parece unha invitación a marchar aos que non acaten o que vote a maioría dos militantes pois sinala que cómpre unha dinámica "onde non se permitan comportamentos e actitudes deslexitimadoras das decisións democraticamente tomadas".

Máis Galiza acusa a Guillerme de "triunfalista"

Unha interpretación que difire coa de Máis Galiza, a segunda corrente máis numerosa na fronte e máis próxima ao centro. "E precisa unha análise moito máis profunda e autocrítica do resultado electoral que a excesivamente triunfalista realizada polo Portavoz Nacional do BNG e refrendada por unha parte da Executiva", argumenta o Consello Nacional dos 'exquontanistas'.

O partido que lidera Carlos Aymerich entende que a lixeira caída de sufraxios "parécenos especialmente grave nun contexto no que o PSOE en Galiza perde 300.000 votos, que foron parar  en menor medida a Esquerda Unida (cun importante repunte no noso País) e en maior medida á abstención".

Para Máis Galiza o Bloque saiu tocado do 20N porque "non só non foi capaz de capitalizar ese voto descontento do PSOE, senón que mesmo perdeu parte do seu electorado", especialmente entre os máis mozos. O BNG perdeu case 30.000 votos e unhas décimas de porcentaxe de votos válidos.

E cal é a alternativa do grupo do voceiro parlamentario do Bloque? A solución pasa, na súa opinión por "cambios políticos, organizativos, de mensaxe e de liderado" para atraer novos votantes.

Táboas entende que se marcha Guillerme debe marchar toda a Executiva

O chamamento da UPG á unidade do Bloque e a conformación dunha lista integradora para a próxima Asemblea Nacional xa se pode desbotar a esta altura. Haberá guerra por captar cada un dos votos dos afiliados e lograr así, o liderado do nacionalismo.

A primeira batalla desa guerra será este sábado, onde o Consello Nacional deberá tratar a posta a disposción do cargo realizada por Guillerme Vázquez. O político pontevedrés xa aclarou que non pretende dimitir, só demostrar que el non vai ser impedimento algún para a unidade do Bloque.

Cuestionada sobre o futuro de Guillerme, a deputada e ex-conslleira Teresa Táboas dixo este martes que no Bloque non hai cargos unipersoais polo que, de ter que asumir responsabilidades polos resultados do 20N, debería dimitir toda a Executiva.

Carta aos afiliados sen autocrítica

Iso si, mentres agroman as críticas cruzadas entre as correntes, de portas para fóra o BNG, cuxo apartado goberna democraticamente a UPG, tenta transmitirlle aos seus afiliados unha análise positiva do resultado do 20N.

A fronte mandou hoxe unha misiva a todos os seus militantes na que non hai autocrítica. Na carta Guillerme Vázquez volve a insistir na mala influencia dos medios no electorado nacionalista ao lembrar que "despois das eleccións municipais de Maio deste mesmo ano publicáronse diversos artigos e mesmo estudos con prospección de voto en que se anunciaba a desaparición do Bloque Nacionalista Galego do Congreso". Por iso di que "podemos celebrar lexitimamente (...) que Galiza terá voz no Congreso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 139 comentarios

5 BLOQUE

Sinceiramente, Guillerme penso que é mellor que deixes o cargo, xa que non tes amor a poltrona. Un asesor de imaxen (o sinto por Guillerme pero non é moi atractivo, ademas de estar a verlas vir) un lider mais carismático, mais proximidade a xente, un enfrentamiento mais direto a extrema dereita. Controlar os tempos, e saber comunicar mellor o mensexe.

1 Manuel P.

Home o de ser guapo importa ben máis pouco, creo que a día de hoxe os políticos que dirixen a maiorías de partidos non se caracterizan pola súa beleza. Outra cousa é como presentas o producto, e sio si que importa

2 IMAXEN

Pois iso, "como presentas o producto", e non fai falta, ser "japiño", o que tes que ter é imaxen. A Beiras a extrema dereita o presentan como "tolo", e si levou o Bloque a segunda forza, foi porque gustaba moito a imaxen que ten, non por ser mais ou menos iso, "japiño".

4 enquisador

Votade na enquisa sobre quen debe ser o novo portavoz e candidato á Xunta. http://www.foros.gl/viewtopic.php?f...

1 Quisador

Martiño Noriega e Tereixa Taboas.

2 Rayleigh

Eu voto por Teresa Táboas. Non o fixo mal de conselleira. Da unha imaxe xove do BNG e preparada. Simplemente consideroa un pouquiño feble para o debate co PP e o SOE que se arranxaría poñendo un "can de presa" o seu carón.

3 eus

Martiño Noriega

4 Xelo

Podedes votar por quen vos pete que o candidato nomeado por Pacorro é Carlos Aymerich( o afillado de Meilán Gil )

3 Manuel P.

O que hai que facer é marchar do BNG que xa non ten solución algunha, deixar aos upegueiros sos para que vexan o sos que están e que cun deputado ou dous no parlamento galego non van dar pagado as nóminas de todos os pacorristas que viven do ar e que nunca deron pancada. Ademáis da satisfacción de verlles a cara a toda esa morea de mediocridade terei a ledicia de ver como se pode artellar algo realmente útil ao povo galego, que ao fin e ao cabo merece ben máis dores de cabeza que os iluminati da U.

1 Black Crow

Además, pensad un poco ... ¿Cuantos carteles del bloque habéis visto en esta campaña? ¿Dos, tres? ... como mucho, y con un par de perritos landrándole a la jeta malencarada de Jorquera. El caso de que la dependencia de la UPG para pegar carteles ya no existe, es historia, ahora la cosa electoral va por otro lado y son otros tiempos. En realidad no son tan imprescindibles como la gente se piensa. En una época que en Galicia han quedado 300.000 votos progresistas huerfanos, es el momento de un nuevo partido progresita gallego, o ahora o nunca, compañeros y compañeras y compañeres y compañer@s.

2 Silvestre

Pois quen dixo algo consentido foi Tersa Táboas, unha evidencia, se marcha o voceiro da executiva ten que marchar toda a executiva. En canto á análise da UPG nese editorial de Terra e Tempo, que se pode dicir? Non saben analizar a realidade ou simplemente coñécena pero dálles igual e o único que lles importa é quedar ao mando do Titanic.

1 ramiroderabade

Pero que carallo ten que advertir a UPG? jajajaja Os editoriais do terra e tempo son como os comunicados da conferencia episcopal Por suposto que eles non teñen ningunha culpa. Sempre son os demais. A ver si se enteran que en cidades como Ferrol ou Coruña onde so quedan upegallos na organización, os cidadans escapan cando ven aparecer a cofradía de pulgosos soflamando consignas dos anos 1960. Esta xente vive nos seus mundos paralelos, fodendo entre eles, lambendose uns a outros e demonizando o resto de nacionalistas como ESPAÑOIS.

1 Manuel P.

Ja ja ja que bo tal cual, entraron nunha paronia endogámica tan grande que non son capaces de sair máis aló do seu mundiño imaxinario, unha Galiza que nunca existiu nin existirá (por sorte para tod@s nós). Como dixo Beiras, convertíronse nunha troupe que confunden os intereses de Galiza cos persoais. Son coma os tolos que ven vir os coches todos de frente e cren que son os demais os que van mal...