Localizan dous corpos flotando na zona de Prioriño en Ferrol

Fontes portuarias precisaron que un pesqueiro avistou inicialmente un corpo flotando, que foi trasladado ao porto de Ferrol, pero inmediatamente despois localizouse na mesma zona outro cadáver.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia


Os corpos de dous homes localizados flotando este domingo en augas próximas a Cabo Prioriño Mozo, en Ferrol (A Coruña), correspóndense con dous irmáns de Fene, de 57 e 61 anos, que supostamente caeron ao mar cando estaban a pescar.

Salvamento Marítimo
Salvamento Marítimo | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Así o apuntaron fontes da Garda Civil. Ao redor do dez e media da mañá, Servizo Marítimo da Coruña tivo coñecemento, a través de Salvamento Marítimo, de que se atopara unha persoa falecida no mar preto de Cabo Prioriño. Fontes portuarias consultadas precisaron que un pesqueiro avistou inicialmente un corpo flotando, que foi trasladado ao porto de Ferrol, pero pouco despois localizouse na mesma zona outro cadáver.

Ambos os corpos foron trasladados ao peirao de Curuxeiras de Ferrol pola Garda Civil. A Policía Xudicial fíxose cargo da identificación e as dilixencias. Fontes da Garda Civil precisaron que se trata de dous irmáns da localidade veciña de Fene que supostamente caeron ao mar desde o cantil, de forma accidental, cando estaban a pescar desde as rochas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta