Conde Roa: "Van a sentir o noso alento na caluga"

O alcalde de Santiago relaciona ao activismo cultural coa "guerrilla urbana" tras o desaloxo da Yago e os incidentes do mércores á noite.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/11/2011 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O edil de Compostela aproveitou os incidentes durante a manifestación de apoio á 'okupación' da Sala Yago para volver a criminalizar aos activistas sociais e culturais da capital de Galiza. Fíxoo, iso si, sen dar nomes.

"Van sentir o noso alento na caluga", declarou o político do PP esta mañá en rolda de prensa. O alcalde prometeu aproveitar "o mínimo resquicio legal" para "volver a pechar, se é preciso, locais onde este tipo de xente adícase a pensar ou deseñar este tipo de accións".

A quen se refire en concreto o mandatario? Conde Roa non deu nomes, pero o único centro social que puido pechar por iniciativa do Municipio é a Gentalha do Píchel. O local cultural evitou a perda de licencia na lexislatura anterior ao adaptar as súas instalacións á normativa para discapacitados grazas a unha campaña de donativos.

O conservador promete incrementar a "vixilancia" sobre estes locais, sen decir cales, que revisará "un por un". "O casco vello de Santiago non é o casco vello de San Sebastián", conclúe.

O líder do PP de Santiago reacciona así aos estragos causados, segundo a Polcía, por manifestantes na protesta en contra do desaloxo da Sala Yago. Os antidisturbios impediron que os cidadáns entrasen na zona vella mediante varias cargas.

A protesta trasladouse á zona nova, onde o Concello di que houbo cubos do lixo queimados e volcados, ademais de ataques a bancos, cabinas e escaparates.

Os once detidos ontes no interior do inmóbel ocupado xa están en liberdade. Segundo informa Galiza Livre só están imputados por "usurpación", o que indica que a acusación inicial da Policía de posesión de materiais para facer 'cócteles molotov' non se formalizou polo de agora.

Conde Roa prometeu que o Concello será acusación particular no caso ante os supostos estragos causados polos okupas no cinema. Dende a oposición, Rubén Cela (BNG) cualificou de "desproporcionada" a intervención policial pero non xustificou a ocupación.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

14 Hermerico

Isso de "vam a" é do próprio Conde Roa (duvido que o dixesse em galego) ou do analfabeto que traduziu a frase?

13 Leon Gallego

Conde Roa hizo esas declaraciones en español. Lo digo por el artículo de opinión que aparece en este medio en el que se "laia" de la censura que significa traducir las declaraciones de quienes hablan en gallego. Si es que algunos....

12 Xanti

Agradecerialle aos salvapatrias de catro pesos que non fagan desfeitas en cristais de entidades bancarias, e cousas similares porque hai provas. Non queremos que nos criminalicen aos demais e pola vosa culpa pode pasar. Iste fulano, é o nome mais respectuoso que podo empregar para referir a este fascista, non vai durar mais desta lexislatura, pero nas nosas mans, en controlar aos AMI e demais amiguiños salvaptrias, está que non atopen unha boa excusa que sirva para excusar a súa actitude. CAUSA GALIZA xa sabedes de que parte do voso movimento estou a falar.

1 Kike

CAUSA GALIZA son catro amigos e o can e van por ahi dando consellos de democracia os outros , jaja . Alguns dos seus lideres parecen sacados dunha pelicula de terror dos años 60. A sala Yago debia ser coma a casa da familia Monster estos dias atras ,JAJAJA !

2 jusép

Vaia desfeita mental que tedes... Debedes saber que no tempo das maiorías salvapatrias o torto non é o rei. E por moito que insistan os vosos xefes de filas, rebelión non hai máis ca unha e non gasta bandeira.

3 Xanti

A cabeza non para non??? Pero que pensabades que ia suceder ocupando a sala yago estando o Conde Roa no concello, ou sodes parvos ou masocas. Na cabeciña non hai nada supoño...

4 Hermerico

Aqui um salvapatrias, nunca se faram desfeitas abondo nas entiddaes bancárias. Puto reformismo

11 undobairro

A maioría dos cidadáns de Compostela xa estamos a sentir o cheiro metílico desta cámara municipal chulesca, retrógrada e vergonzante. Unha cousa é que teñamos que aturar un alcalde do PP ou do que sexa e outra que se pase a vida ameazando a todo dios, ofrecéndolle hostias a diario á xente que sostén co seu esforzo artístico e social a cultura que queda nesta vila onde eles veñen de dilapidar centos de millóns dos nosos euros en Mausoleos valeiros e de destruír o patrimonio cultural (remenber de Códex Calixtinus). Hala, "majetes", a seguir lendo o Correo e a pasear a vosa indecencia pequeno-burguesa frente ao cadaver do Cine Yago!

10 Arenga

O fascismo avança a passo firme na galiza da mao do Conde e do frijol e namentras os galegos dizindo que chove.....pena de pais. PD: Agardo que feche as sedes do pp e a dos empresários onde fomentam a violência contra a classe trabalhadora.

1 Kike

o fascismo avanza con vos que vades pola vida de salvapatrias , cando gañedes as eleccions falamos sempre e cando aprendades a escribir en galego e non que non vos entende nadie

2 Hermerico

olá, som "nadie", e percebo perfeitamente o galego, fas favor de nom meter "ñ" espanhois no galego