Animalistas instan á Xunta a exercer "un estreito seguimento" sobre os porcos vietnamitas

Libera denuncia que nos últimos anos déronse casos de ababandonos destes animaisl.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2019 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O colectivo animalista Libera instou á Xunta a exercer "un estreito seguimento" sobre os compradores de porcos vietnamitas, pitones reais ou tartarugas de Florida, todas elas declaradas polo Goberno español como especies invasoras.

Así, a partir do 1 de xaneiro de 2022 a posesión, transporte e comercio destes animais estará prohibida en virtude da entrada en vigor da orde pola que quedan incluídos no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.

Esta decisión foi adoptada polo Goberno de Pedro Sánchez no Consello de Ministros do pasado venres. O Executivo estatal tamén estableceu unha serie de condicionantes, como que as persoas que posúan algunha destas especies deberán informar antes de inicios de 2022 sobre a tenencia do animal en cuestión e que corresponderá ás administracións autonómicas establecer os requisitos de esterilización, marcaxe e declaración para que non poidan ser liberados.

Libera e a Fundación Franz Weber reclaman á Xunta que estableza "medidas preventivas no menor prazo de tempo posible" para así "manter un estreito seguimento de quen adquiriron no seu momento a estes animais".

Neste sentido, lembran que nos últimos anos "déronse de casos de abandono" que constitúen episodios que cualifican de "especialmente crueis", pois estas especies son "deixados á súa sorte" en hábitats "moi afastados da súa realidade".

Así as cousas, os animalistas advirten que os prazos temporais para o desenvolvemento de "medidas lexislativas e non lexislativas" para evitar abandonos ou sacrificios son "moi axustados", polo que propón á Consellería de Medio Ambiente que cre "santuarios ou centros de recuperación de fauna silvestre" para acoller estes animais.

+eptV:Consello.- Porcos vietnamitas, pitones, tartarugas de Florida e varanos da. ALBA - Arquivo
+eptV:Consello.- Porcos vietnamitas, pitones, tartarugas de Florida e varanos da. ALBA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta