Empresarios conserveiros afíns ao PP presionan para que Ence quede na ría de Pontevedra

Anfaco di que a preocupación é "máxima" entre as empresas do sector pola "incerteza" sobre a situación da pasteira, nun foro organizado polo Partido Popular.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes (Anfaco), Juan Manuel Viéites, trasladou a preocupación "máxima" existente neste sector pola "incerteza" que xera a situación legal da concesión da fábrica de ENCE en Pontevedra, para ocupar terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Ence, dende a praia de Lourido
Ence, dende a praia de Lourido | Fonte: Diego Portela en Flickr.

Así o trasladou durante a súa participación no foro PontEmplea, organizado polo PP, onde advertiu de que "moitísimas" industrias conserveiras, depuradoras ou cocedoiros tamén están situadas en concesións "pegadas ao mar", do mesmo xeito que Ence, polo que o sector está a analizar o "impacto" que podería ter a anulación da concesión.

"As incertezas son malas conselleiras para o mundo empresarial", sinalou Viéites, que engadiu que este tipo de situacións "prexudican" ao sector industrial e provocan que a economía "non se mova" e que non se cre emprego, polo que reclamou medidas para dar ás empresas "certa estabilidade".

Viéites cre que se se limitan os permisos en zonas de costa ou "se non se lles vai a renovar, de cara ao futuro" os empresarios terán que reformular que investimentos queren facer para "seguir gozando" dun sector "realmente competitivo e eficaz".

Nesta mesma xornada tamén participou o economista Daniel Lacalle —candidato do PP a deputado—, que se referiu a a situación da fábrica de Lourizán para apuntar que "crear inseguridade xurídica, como ocorreu con ENCE, é perigoso".

Lacalle indicou que, "ante o risco de retardación da economía", desde o Partido Popular propoñen unha "revolución fiscal" que vaia acompañada dunha "autoestrada administrativa" que permita "mellorar o estado de benestar con máis crecemento, máis emprego e máis investimento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Zum Bom

Menudos arrastrados. E que din do marisco da ría de Pontevedra vetado en Europa por contaminación de metais pesados?