Activada a alerta laranxa por temporal no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias activou para esta madrugada unha alerta laranxa costeira por temporal no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias activou para esta madrugada unha alerta laranxa costeira por temporal no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso afectará o litoral destas provincias con ondas do oeste e noroeste de entre cinco e seis metros.

Por este motivo, Emerxencias informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.

Debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar achegarse aos diques, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, así como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas. Tamén se recomenda permanecer lonxe de espigóns, praias, paseos marítimos, peiraos ou zonas que poidan ser alcanzadas polas ondas.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

aínda non teño localizado o chalet de Carmela Silva na illa de Toralla... non sei se é das Okupas ou non... https://flic.kr/p/vQcy8E Pero está claro que nunca imos poder pasar á illa sen barreiras (para non molestar aos socialistas!) https://flic.kr/p/fceQS7