Un incendio nun vehículo provoca retencións na entrada de Ourense

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2019 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Un incendio declarado nun vehículo provocou retencións na entrada á cidade de Ourense, segundo informou a Europa Press o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

O incidente, que se saldou sen danos persoais, produciuse ao redor das 17,45 horas deste mércores no ramal da saída da autovía A-52 en dirección ao centro da cidade ourensá.

Tras recibir varias chamadas de particulares que alertaban dun lume nun vehículo, a central de emerxencias puxo o caso en concimiento da Policía Local, Protección Civil e os bombeiros, que se desprazaron ata o punto.

Camión de Bombeiros
Camión de Bombeiros | Fonte: CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta