O Avellentamento das infraestruturas galegas eleva a case o 20% as que superan os vinte anos

"O resultado da caída do ritmo investidor é un aumento xeneralizado da idade media das infraestruturas públicas dispoñibles nas rexións" di un estudo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

As infraestruturas galegas con máis de 20 anos pasaron de representar o 12,76% do total en 2007 ao 19,39% en 2015, segundo un informe da Fundación BBVA. Con todo, é a segunda comunidade con menor porcentaxe, despois do 17,9% de Madrid. O estudo establece que "o resultado da caída do ritmo investidor é un aumento xeneralizado da idade media das infraestruturas públicas dispoñibles nas rexións".

Así, en 2015, máis do 20% das infraestruturas públicas tiñan máis de 20 anos de antigüidade en todas as comunidades, excepto Galicia e Madrid. En Navarra e A Rioxa esa porcentaxe supera o 30%. En Navarra, ademais, atópanse as infraestruturas viarias máis envellecidas (case o 47% das mesmas ten máis de 20 anos). No caso das infraestruturas ferroviarias, as porcentaxes máis elevadas de dotacións con máis de dúas décadas localízanse en Cantabria (36%), País Vasco (26,9%) e A Rioxa (26,1%).

GALICIA

En concreto para a comunidade galega, as maiores porcentaxes de stock de capital en infraestruturas con máis de 20 anos de antigüidade correspóndense coas viarias (pasaron do 12,84% ao 24,94%), as urbanas de corporacións locais (do 14,53% ao 21,22%) e as portuarias (do 13,05% ao 19,86%). Séguenlles en maior peso das infraestruturas con máis de 20 anos as hidráulicas públicas (do 11,22% ao 18,83%).

Ao lado contrario, reduciuse a porcentaxe de infraestruturas ferroviarias con máis de 20 anos: eran o 11,7% do total en 2007 e son o 4,77% en 2015. Como no caso das infraestruturas aeroportuarias, cuxo porcentaxe de antigüidade pasou do 24,2% ao 14,07%.

Retencións na Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo
Retencións na Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chucho

O novo modelo PPeperro, en vede arranzar e senalizar poñen limitazios,radares Amen, asi nos vai os maruliños ghelegos, a sabia vaise,problemas para q non voten porqe nonlles son afins. E teremos fillos d ppapa ghovernando.