O sindicato Prosagap critica a desconvocatoria de folga e ve "insustentable" a situación en Atención Primaria

Firman "entender a desilusión" ante a desconvocatoria do paro e advirte da situación "insustentable" en Atención Primaria, que necesita de "unha actuación inmediata" dos responsables públicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2019 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

O sindicato Prosagap criticou a desconvocatoria de folga en Atención Primaria para iniciar unha negociación coa Administración galega "que deixa de lado aos principais protagonistas: os profesionais sanitarios".

Nun comunicado, afirman "entender a desilusión" ante a desconvocatoria do paro e advirte da situación "insustentable" en Atención Primaria, que necesita de "unha actuación inmediata" dos responsables públicos.

Neste sentido, aseguraron que "nunca se tratou de aumentos de soldo nin de melloras laborais persoais", senón da "fráxil situación que viven a diario" e a "desigualdade de dereitos" respecto ao resto de profesionais do Sergas.

Clínico, CHUS. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, CHUS. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta