Unha sauna castrexa a piques de desaparecer na Fonsagrada

O colectivo Mariña Patrimonio denuncia o abandono do Castelón de A Fonsagrada que contén unha das poucas saunas castrexas que existen en Galicia.

Por Galicia Confidencial | A Fonsagrada | 12/12/2011 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Esta sauna, podería derrubarse en calquera momento. As saunas castrexas, tamén coñecidas como  pedras formosas ou monumentos con forno, son edificacións monumentais claramente diferenciadas das demais construcións castrexas. Trátase de edificios con planta rectangular, distribuídos en tres salas: a antecámara, a cámara de vaporización e unha cabeceira en forma de ábside onde se atopaba o forno ou fonte de calor. Este tipo de edificacións estaban cubertas a dúas augas por aproximación de fiadas de pedra que conformaban unha falsa bóveda.

Sábese que no territorio ocupado pola cultura castrexa ( norte de Portugal, Galiza e Asturias) só se coñecen 16  monumentos con forno. Destes monumentos en Galiza  consérvanse o da Punta dos Prados en Ortigueira; a do castro de Borneiro en Cabana de Bergantiños e, para  algúns, tamén a de Augas Santas en Allariz. Polo tanto, a sauna castrexa do Castelón de Castañoso sería a terceira ou cuarta das coñecidas até o momento no territorio galego.

Dende que hai aproximadamente tres anos se rozaron  e se abriron de novo os vellos camiños que levan ao Castelón, a súa sauna foi visitada por varios arqueólogos como é o caso  de Ángel Villa Valdés, arqueólogo asturiano de recoñecido prestixio  e  estudoso das saunas castrexas, quen  nas Xornadas de Arqueoloxía organizadas en Xinzo  pola Universidade de Vigo fala, entre outras , da sauna de Castañoso. (Na seguinte ligazón pode verse o vídeo do seu relatorio: http://tv.uvigo.es/video/42110 )

Comparada coas saunas asturianas e  coas outras saunas  galegas, a  de Castañoso goza dun excepcional estado de conservación, mantendo en pé aproximadamente a metade da falsa bóveda. Esta apóiase sobre unha soa pedra, que de ser movida por un animal, unha persoa ou pola acción da chuvia ou da neve, provocaría que a mellor conservada das saunas castrexas  sufrise "graves e irreversibles desperfectos", segundo Mariña Patrimonio.

Xacementos da Fonsagrada

No extenso concello de A Fonsagrada (Lugo), que conta con numerosos xacementos arqueolóxicos, rexístranse arredor de 70 asentamentos castrexos. Na década dos 80 os sacerdotes D.Enrique López Fernández e  D. José Argul Folgueiras  realizaron un importante labor de catalogación destes xacementos fonsagradinos, un traballo  que viu a luz no libro Fonsagrada y su concejo publicado no ano 1986. Nesta interesante publicación achamos entre os castros estudados o do Castelón de Castañoso.

O Castelón é un castro situado nun abrupto esporón conformado polo rego do Val do Barreiro e o río das Covas. A presenza de minas para a extracción de ouro nas inmediacións do asentamento castrexo, como son  as Covas de Teixeira ou as explotacións a ceo aberto da Chaila de Santiago, indícannos que se trata dun castro mineiro.
As defensas naturais do Castelón convertíano nun castro inexpugnable. Estas defensas foron reforzadas mediante profundos foxos, picados na rocha, e mais un torreón ou baluarte defensivo á entrada do poboado. Para chegarmos onda o castro hai que pasar pola “calle dos mouros”, un estreito camiño na dorsal do esporón cunha profunda caída a ambos lados.

O escarpado do terreo, o feito de que non houbese zonas habitadas nas cercanías do castro e  a propia natureza, que pechou o monte impedindo durante moito tempo a chegada até o Castelón, propiciou a conservación de numerosos muros das edificacións do castro. Entre estas edificacións cómpre  destacar a relevante  presenza dunha sauna castrexa. Este importantísimo achado débese aos mencionados D. Enrique López e D. José Argul e  aparece recollido xa no citado libro Fonsagrada y su concejo .

Por iso, as asociacións LugoPatrimonio e Mariña Patrimonio fai un chamamento á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta para que poñan en marcha unha intervención de urxencia e adopten todas as medidas necesarias co fin de impedir que este Ben que integra o Patrimonio arqueolóxico de Galiza non se deteriore máis e non acabe desaparecendo. Máis fotos aquí.

None

Velaquí o vídeo realizado por Manuel Gago coa colaboración d'A Mariña Patrimonio:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 Akribéstaton

Mais exato seria dizer "das poucas que se conhecem"./ Fazendo-se eco da solicitude de LugoPatrimónio e Marinha Património é raro que não mencionem o caso de Cervo./ Também é raro que não mencionem o blogue de Manuel Gago, que informava ontem do monumento: http://www.manuelgago.org/blog/inde...

1 Un da mariña

Desculpa. Non é por incordiar,senón por precisar, porque logo aquí se producen malentendidos. Quen levou ó divulgador Manuel Gago a ver ese castro foi, precisamente, Manuel Miranda, e a xente de Mariña Patrimonio que tampouco aparecen nomeados na súa información.

2 carla

Manuel Miranda aparece en el vídeo que hay en el post. No es verdad que no se le citara

3 Un da mariña

Non quero entrar en polémicas. Só dixen por puntualizar o primeiro comentario. De feito Mariña Patrimonio informou logo de levar a Manuel Gago a ese xacemento que xa coñecía de antemán Manuel Miranda e do que xa se lle informara a Manuel Gago.

4 magago

Por alusións, Un da Mariña. Mira o vídeo coa entrevista a Manuel Miradan e despois le o texto do post. por exemplo, o parágrafo: "Hai que agradecer intensamente a Manuel Miranda a súa teimosía por preservar e defender este monumento. Se houbese 15, só 15 Manueles Miranda en todo o noso país o estado do noso patrimonio cultural sería moi distinto." Todo iso e moito máis en: http://www.manuelgago.org/blog/inde... O Ministerio de Saúde recomenda ler/ver algo antes de falar sobre iso. Pero só en casos excepcionais, eh? Non vaia ser que faga mal.

5 Akribéstaton

a 1. Enfim, acho que está tudo mais que esclarecido para quem goste de procurar ver as cousas claras.// Ontem, segunda feira, não saia o video.// É na informação que fornece GC que não aparece para nada o nome de Manuel Miranda.// A (boa) "divulgação" é tão necessária e difícil como o descobrimento ou a análise.

6 Kid

Imos ver. Mariña Patrimonio divulga a existencia do Castro, invita a Gago e fan un vídeo. Logo manda unha nota de prensa na que loxicamente, non se cita a ningunha persoa e o GC reprodúcea e sube o vídeo do Gago en canto se publica. Estes son os feitos. E os primeiros comentarios son para darlles caña a Mariña Patrimonio por non falar de Cervo, a Gago por (supostamente) non citar a Mariña Patrimonio e a GC por non subir un vídeo que non existía. Xulguen vostedes mesmos.

7 Akribéstaton

Imos ver, Kid. Pelo que a mim concerne: (1) se a lista de monumentos é tão breve, como é; (2) se a informação provém de Marinha Património; (3) se se trata, sobretudo, de intentar salvar ou proteger -para o qual há que dar a conhecer, mais uma vez- elementos do património em grave risco, então acho que uma lembrança ao castro/monumento de Cervo -sobretudo porque tanto se tem falado dele há meses- é quase obrigatório. // Sobre o vídeo: (1) eu acho em falta a menção a quem pus o monumento no candeeiro o dia anterior (para isso se ganhou o mote de "divulgador"); (2) o vídeo é anterior à notícia em GC; (3) que era relevante o blogue divulgador de que falamos prova-o que se ajuntara o vídeo à notícia em GC. Agora podem julgar com informação mais precisa e verdadeira.