O nacionalismo galego dívidese en tres coalicións nas Europeas

Lidia Senra estará no número dous da lista de Compromiso por Europa, Ana Miranda de catro en Agora Repúblicas e Juan Carlos Piñeiro de tres na de Coalición por unha Europa Solidaria.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/04/2019 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Doce coalicións presentáronse ante a Xunta Electoral Central para as eleccións europeas do próximo 26 de maio, entre as que destaca a división de Equo, que se presentou tanto en coalición con Unidas Podemos como con Compromís. A coalición valenciana concorrerá como Compromiso por Europa, en coalición con ata 18 partidos, entre os que se atopan Més per Mallorca, En Marea, Nova Canarias, Equo ou a Chunta Aragonesista.

Precisamente, nunha rolda de prensa convocada o venres en Santiago de Compostela, o portavoz de En Marea, Luís Villares, informou de que a galega Lídia Senra ocuparía o segundo posto nesta candidatura.

Pola súa banda, unha facción de Equo decidiu ir con Unidas Podemos Cambiar Europa, xunto con Podemos, Esquerda Unida, Catalunya en Comú e Barcelona en Comú. Nesta lista non estará, finalmente, Anova que tampouco se presentou ás Xerais por non aceptar Podemos e EU unha candidata para liderar a lista por Pontevedra que, finalmente, foi para a ferrolá de Esquerda Unida Yolanda Díaz.

O independentismo catalán dividiuse tamén en distintas formacións. Por unha banda, ERC, Bildu BNG e partidos asturianos, canarios e aragoneses uníronse baixo a denominación Agora Repúblicas. Nesta candidatura, a eurodeputada Ana Miranda quedou relegada ao cuarto posto da lista. Outra será a integrada polo PDeCAT, Convergència e JuntsXCat que formaron a coalición Junts.

Ademais, o PNV, Coalición Canaria, Compromiso por Galicia, Agrupación Atarrabia, Proposta per lles Illes Balears e Democrates Valencians acudirán xuntos ás eleccións europeas baixo a denominación Coalición por unha Europa Solidaria. Neste caso, o líder de CxG, Juan Carlos Piñeiro irá de número tres nesta lista.

COMUNISTAS, PIRATAS E XUBILADOS

Ana Miranda en el pleno del Parlamento Europeo. BNG - Arquivo
Ana Miranda en el pleno del Parlamento Europeo. BNG - Arquivo

Entre as candidaturas presentadas, diversas formacións de extrema dereita uníronse baixo a coalición ADÑ. Trátase dos partidos euroescépticos Alternativa Española, Falange Española das Jons, Democracia Nacional e La Falange, que se uniron baixo a coalición ADÑ, coa lema 'Identidad Española'.

Parte da coalición de Recortes Cero, que tamén se presenta ás xerais de abril, e que nesta ocasión agrupa aos Verdes-Grupo Verde, Unificación Comunista de España e Grupo Verde Europeo, acudirá aos comicios europeos como Recortes Cero-LV-GVE.

Os partidos comunistas dos Pobos de España, do Poble de Catalunya e do Pobo Andaluz presentarase como Comunistas, ao mesmo tempo que distintos partidos 'piratas' de Cataluña conformaron a súa propia coalición, Pirates de Catalunya-European Pirates.

O resto de coalicións son: Os Verdes (Gira Madrid e Derechos Ciudadanos); Centristas por Europa (Coalición de Centro Democrático, Lliures, Unidos para a Independencia da Xustiza e Centrados); e Xubilados por Europa (Xubilados pola Futuro Dignidade e Democracia, Demócrata Social Xubilados Europeos e Unidade de Centro).

As LISTAS, ANTES DO 22 DE ABRIL

Nas eleccións do próximo 26 de maio deberán elixirse 54 deputados ao Parlamento Europeo (con cinco máis na reserva para cando se produza o Brexit), ademais de 715 deputados autonómicos de doce comunidades e 67.319 concelleiros de máis de 8.000 municipios.

Unha vez concluído o prazo para formar coalicións, as formacións políticas terán que presentar as súas candidaturas entre os días 17 e 22 de abril, e dous días despois, o mércores 24 de abril, as listas europeas serán publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE). Despois as xuntas electorais revisarán as candidaturas para proceder á súa proclamación e as candidaturas definitivas ao Parlamento Europeo volverán ao BOE o martes 30 de abril.

A campaña electoral comezará ás cero horas do venres 10 de maio e concluirá ás doce da noite do día 24, dúas semanas despois.

Ep-065848A_Plenary_1. PARLAMENTO EUROPEO
Ep-065848A_Plenary_1. PARLAMENTO EUROPEO
Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Moneymoney

Moito falar de Galicia, bla,bla,bla, pero o que de verdade importa é o postiño.

3 lóstrego

Non existe tal nacionalismo. O que hai é unha loita por deixar de sermos unha colonia; e de momento imos perdendo.

1 sermos mantidos

Os adestradores non serven, e os donos dos equipos, xunto coas directivas, están para cobrar e enchufar a xogadores sen capacidades, só procuran submisos obedientes que se eternizan como profesionais até a xubilación. E o público, uns desencantados pasan de embarrarse no campo, e outros deixanse seducir polas equipas de fóra e as estrelas mediáticas fabricadas polos medios do sistema. Seguimos en rexional preferente, con posibilidades de baixar de categoría, pois merémolo!

2 lóstrego

Craváchela!

2 Sentidiño

A división tén máis xustificación nas europeas, con circunscrición estatal, que nas galegas ou nas españolas, con circunscrición provincial. De feito, apoiarse no Pnv ou Erc pode levar algunha galega a Estrasburgo... Pola contra, a división na Coruña e Pontevedra dálle azos á ultradereita.

1 Milhous

Só hai un partido nacionalista galego, chámase BNG. Hai partidos, plataformas e grupos constitucionalistas que levan o nome de Galicia como poderían levar o de Móstoles porque non contan pra nada coa nosa nación e cada día enganan a menos xente. Non lles votará nen a familia.

1 illuminatis

"Só hai un Deus único e verdadeiro". Vós que sodes, unha opción política ou unha relixión? Cada día que pasa, os benegallos sodes máis fanáticos.

2 Pesebreiro

¿Entón non ides pactar co PSOE? ¿Ou acabaredes branqueando os fascistas españois de novo?

3 Verdade

Só hai un partido nacionalista, e os outros podesdes rañar se proe. E Pesebraso, se non distingues entre pacto e coalición eleitoral, xa nin sei para que preguntas, listo.

4 Su Señoría Deputada

Ruido de cadeliños polo óso que cae da mesa do señor! Ambos ides da man do PsoEspañolista. O BNG sucursalista subiu aos altares a Caballero, suicidándose en Vigo, e non contentos apoian á limpa Carne la Silva ou ao enchufado trifásico Valentín Formoso, como no seu día apoiaron a ZP (da reforma laboral e do 135) e mesmo a Magdalena Alvarez (Plan Galicia de Mierda). E Podemos está para disimular que a dereita é o PsoE cun reformismo que non incomode ao poder sistémico (por iso agora predican coa Constitución na man), pois hai que pagarlle á banca o chalet de Galapagar en 30 anos e para iso non abonda unha paga de profesor asociado na universidade, precisan dúas nóminas abultadas de político profesional. Todos domesticados, todo postureo para mamar a conta do pobo!