Arde a cociña dun local de hostalaría en Arteixo (A Coruña) debido ao aceite das freidoras

.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2019 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

Na noite deste sábado produciuse un incendio na cociña dun local de hostalaría situado na avenida de Finisterre no concello coruñés de Arteixo producido ao prenderse o aceite das freidoras.

Foi un particular o que alertou mediante unha chamada ao 112 Galicia minutos despois das 22,00 horas. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informou os Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Unha vez extinguido o lume, os bombeiros confirmaron que o incendio se produciu ao prender o aceite das freidoras. Ademais, indicaron que unha persoa resultou afectada polo fume.

O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA
O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta