Votar axenda galega

A axenda galega está desaparecida da campaña, cando o que precisamos é poñela de diante, como van facer os vascos do PNV ou os valencianos de Compromís cos intereses de cadanseus países.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 14/04/2019

Comparte esta noticia

Galicia non ten nin tivo nunca Gobernos amigos. Galicia ten intereses. Cómpre, pois, defendelos aos partidos soberanos galegos. Porque tanto o tripartito da Santa Alianza como PSOE e Unidas Podemos atenden outros intereses, nunca os dun país que só representa pouco máis do 5% dos votos e do PIB estatal.

Mónica Oltra e Luís Villares en Santiago
Mónica Oltra e Luís Villares en Santiago

Enténdanme ben. Non quero ser equidistante entre o moi malo e o simplesmente ruín. O PP de Casado e os seus dous socios do tripartito de extrema dereita queren botar fóra a lingua galega da vida pública e ameazan directamente o noso autogoberno cunha agresiva recentralización. Unha recentralización que só nos empobrecerá, porque Galicia ten alicerces económicos que para o Estado son prescindìbeis. Ten intereses moi propios e determinados que só dende un alto grao de autogoberno e de capacidade de condicionar as decisións do Estado poden ser defendidos. Para máis,  xa me contarán o que nos interesan neste país os debates da tauromaquia, da caza maior ou do muro de Ceuta.

Mais tamén o PSOE e Unidas Podemos (UP) xa nos demostraron o que lles importa este país, pactando os peores Orzamentos para Galicia dos últimos dezaséís anos O PSOE demostra aberto desleixo a respecto de cuestións esenciais da nosa axenda galega, como as axudas á industria electrointensiva (Alcoa, Ferroatlántica, Megasa…) ou a transferencia da AP-9. Non, a esquerda estatal de Pedro S. e Pablo I. nos amaña nada. Nen sequera saben tecer alianzas coas forzas territoriais para frear o tripartito da extrema dereita.

Ésta era a ocasión de enxergar con perspectiva, converxendo electoralmente BNG e En Marea na roga que lles ofertou CXG. Unha necesidade que tamèn observou a antiga deputada Alexandra Fernández. Mais non puido ser e foi erro de todos. Malia que non era doado, tendo en conta as feridas do próximo pasado e tamén a propia diverxencia dos actores políticos sobre o alcance e natureza dunha tal converxencia. Agora xa está. Deus nos libre dun xa foi. Despois deste ciclo electoral cumprirá construir o que é preciso e urxente.

Porén, a falla desta unidade galega non nos impide o voto máis útil para nós e os nosos. Votar polas cousas importantes, polas cousas de comer. Votar axenda galega, votando a opción das que deciden dende aquí máis acaída á nosa escolla.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.