Belarra (Podemos) di que "as políticas privatizadoras" de Feijóo convérteno "nun alumno avantaxado do PP"

Unidas Podemos denuncia "a estratexia do PP para o adelgazamento do Estado", en detrimento de a "igualdade de oportunidades"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A candidata navarra de Unidas Podemos ao Congreso, Ione Belarra, criticou que "Feijóo sexa un alumno avantaxado do Partido Popular" ao defender unhas políticas económicas e sociais "das máis regresivas, mesmo se se fala dos propios populares". Para iso, puxo como "exemplo paradigmático de privatización de servizos esenciais" o centro de menores de Montealegre (Ourense).

Ione Belarra acompañada polo líder de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino e a cabeza de lista de En Común Unidas Podemos por Ourense, Ledicia Piñeiro, denunciaron este luns a privatización do devandito centro.

Neste contexto, Ione Belarra aseverou que o centro de menores de Montealegre "é un exemplo de como se dilapidou o diñeiro público gastando 85 veces máis do orzado inicialmente nas súas obras". Precisamente, "o malgasto de diñeiro público" levou despois a "a privatización da xestión", criticou Belarra. E, como consecuencia diso, ao "empeoramento das condicións dos traballadores, aos que nin sequera se lles esixe a titulación de Educadores Sociais".

Para Belarra a situación só responde ao cualificativo de "auténtico escándalo" e revela que "ao Partido Popular os nenos e as nenas danlle exactamentamente igual", pola contra impulsarían "unha boa xestión pública e medidas eficaces para a reinserción social como o acollemento familiar".

"PRIVATIZACIÓN ESCONDIDA"

Pola súa banda, a cabeza de lista de En Común Unidas Podemos por Ourense, Ledicia Piñeiro, reprochou as formas en que levou a cabo dita privatización. "A Xunta de Galicia estivo a esconder a súa privatización case ata o momento en que a empresa xa tiña contratadas ás traballadoras", declarou. De feito, criticou que se decataron antes da privatización polos medios de difusión de páxinas de emprego que pola propia Xunta de Galicia porque "nunca avisaron".

"Para En Común-Unidas Podemos ter un estado de benestar forte e suficiente é a única garantía da igualdade de oportunidades, por iso queremos denunciar en campaña as estratexias do PP de adelgazamento do Estado", sentenciou.

En Común Unidas Podemos nun acto en Ourense
En Común Unidas Podemos nun acto en Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta