O parque automobilístico galego é vello e non se vai renovar a curto prazo

A patronal dos concesionarios españois Faconauto advertiu de que a idade media dos coches que circulan polas estradas galegas seguirá crecendo nos próximos anos. A media galega é de 12'2 anos, lixeiramente inferior á española.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A patronal dos concesionarios españois Faconauto advertiu de que a idade media dos coches que circulan polas estradas galegas seguirá crecendo nos próximos anos. Actualmente, segundo datos dos consultora Sistemas de Intelixencia de Mercado (MSI), a idade media do parque automobilístico galego é de 12,2 anos.

Faconauto indicou que a renovación non se vai a producir nos próximos anos a causa do "parón" no mercado durante o últimos sete meses. Ademais, segundo sinalou a patronal nun comunicado emitido este martes, só un plan intensivo de renovación impediría que, para 2025, a idade media chegase aos 14 anos e que o 43,3% dos coches superase os 16.

Así mesmo, a patronal reclamou que, a través dese plan intensivo, si podería deterse este envellecemento. "Lograríase que en 2025 o parque apenas crecese ata os 28 millóns de unidades, o que daría como resultado unha idade media do parque de 11,8 anos", sinalou.

A media de idade dos coches en Galicia é lixeiramente superior á de España --12,3 anos--, pero, segundo indicou Faconauto, segue existindo "a necesidade de rexuvenecer o parque para avanzar cara á mobilidade descarbonizada, para mellorar a seguridade viaria e para evitar os episodios puntuais de contaminación que sofren as grandes cidades".

Do mesmo xeito, a vicepresidenta executiva de Faconauto, Marta Blázquez, recalcou o papel dos concesionarios á hora de "retirar da circulación os vehículos máis antigos" para paliar o "problema nacional" que supón "o foco de contaminación proveniente do automóbil, con enormes implicacións sobre a seguridade viaria e tamén sobre o medio ambiente".

Vehículos de ocasión. COCHES.NET - Arquivo
Vehículos de ocasión. COCHES.NET - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta