Galicia quere axudar a restaurar Notre Dame

A Asociación de Canteiros de Poio (Pontevedra) ofreceu os seus servizos para a restauración do templo logo do incendio deste luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A Asociación de Canteiros de Poio ofreceu os seus servizos para a restauración da catedral parisiense de Notre Dáme tras o incendio deste luns. Este colectivo profesional pide como condición que o Goberno de España fináncielles.

A Escola de Cantaría de Poio, da que os membros desta asociación foron alumnos, é un centro que depende da Deputación de Pontevedra e ten como finalidade "conservar e promocionar un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia, o de cantaría, para ensinar a arte de traballar a pedra", lembraron.

É unha escola única na península, dedicada á cantaría ornamental e de construción, combinando ensinos teóricos e prácticos, sinalaron. Actualmente está en proceso para converterse nunha Entidade de Formación Profesional para o Emprego o que permitirá solicitar a homologación do título de canteiro.

Os exalumnos da Escola de Cantaría levan 20 anos reclamando esta homologación. O recoñecemento profesional destes alumnos fixo que sexan requiridos para traballar en obras como a rehabilitación do Palacio de Westminster e do Big Ben, o Capitolio de Washington, o barrio de Chiado en Lisboa, a Catedral de Santiago, a Sacra Familia de Barcelona ou a Igrexa de San Judas de Londres.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que por parte da administración provincial establecerán contacto coas autoridades galas para pór "á súa disposición" os servizos destes canteiros pontevedreses e engadiu que, neste caso, hai unha "vantaxe". "Eu coñezo á alcaldesa de París, Anne Hidalgo", destacou.

Incendio da catedral de Notre Dame, en Paris
Incendio da catedral de Notre Dame, en Paris | Fonte: TVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Zaslando

Somos do que non hai: o noso patrimonio esquecido, vendido, privatizado ou esnaquizado todos os días do ano e ímoslles arranxar o seu aos franceses...

2 Sentidiño

Facenda recauda gratis para a igrexa católica, coa famosa casiña do IRPF: que llo dean á Repiblik...

1 Pitito

Pois nada, hai que porse. Que o Feijoo e o noso Mariano lle dean 14 millons de euros de cartos publicos, como a catedral de Santiago. Iso si, ke teñan claro que en Francia as catedrais son da Republica e non da Igrexa.... Deronse conta? Cartos publicos para alimentar o laicismo, se o sabe o arcebispo de Sntiago excomumgaos