Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 14:20
O Encontro Mundial de Humorismo premia ao ourensán Moncho Borrajo pola súa "difusión e posta en valor" da cultura e o humor galego. Recollerá o galardón durante a gala 'Fantastic Colofon', o 19 de maio na Coruña, na que tomarán parte Marta Flich, Joaquín Reyes e Carlos Branco.
Así, o Encontro Mundial de Humorismo (EMHU) premiará na súa primeira edición ao artista Moncho Borrajo pola súa contribución "á difusión e posta en valor da cultura, a historia e o humor galego".
Xunto a Moncho Borrajo, o EMHU quixo recoñecer o "talento" de José Luís Cuerda, no ámbito nacional, e de Alejandro Dolina, en internacional. Segundo destacou a organización, "estes premios están chamados a converterse nos Goya do humor". "Ademais de querer homenaxear a figuras relevantes do mundo do humorismo galego, nacional e internacional, serán un punto de encontro de personalidades do mundo da cultura, a comedia e a política, que desfilarán por unha auténtica alfombra vermella", engadiron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.