Xulio Ferreiro propón á Xunta a cesión de competencias necesarias para construir dúas novas gardarías

O alcalde da Coruña tamén suxeriu outra alternativa, de forma que o goberno local podería ceder os terreos municipais necesarios para que o Executivo galego leve a cabo as obras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo este martes unha reunión coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para avanzar na ampliación do número de prazas de Educación Infantil na cidade herculina a través da construción de dúas novas gardarías para nenos de cero a tres anos, polo que o rexedor propuxo, entre outras opcións, a cesión das competencias necesarias por parte da Xunta ao Concello para a creación destes novos edificios.

Neste sentido, Ferreiro tamén suxeriu outra alternativa, para a cal sería preciso "cooperación conxunta" entre ambas as institucións, de forma que o goberno local podería ceder os terreos municipais necesarios para que o Executivo galego leve a cabo as obras.

"Foi unha reunión frutífera na que houbo receptividade e na que se acordou iniciar unha vía de diálogo a nivel técnico. Penso que quedou clara a disposición de traballo por ambas as partes para poder levar adiante a construción de dúas infraestruturas moi necesarias, dada a demanda existente de prazas para alumnado de 0 a 3 anos na cidade", destacou o alcalde da Coruña tras o encontro, segundo recolleu o concello coruñés nun comunicado.

COPAGO

Noutra orde de cousas, o alcalde e a conselleira tamén trasladou á  dirixente autonómica os pasos que está a levar a cabo o Concello da Coruña para posibilitar a eliminación do copago no servizo de atención a domicilio para todos os tramos de renda.

"Defendemos a eliminación total desta recarga que sofren, en moitos casos, as familias que tiveron que soportar con máis forza as consecuencias da crise e, en base a isto, estamos a actuar. Pensamos, ademais, que o Concello da Coruña, no exercicio das súas competencias e da súa autonomía financeira, debería poder regular libremente as taxas que os usuarios pagan por este servizo de forma que o goberno local poida asumir de forma total ou, polo menos, parcial, este pago", indicou Ferreiro.

Do mesmo xeito que no caso das escolas infantís, ambas as institucións acordaron "continuar traballando nas próximas semanas a nivel técnico para poder sacar adiante ambas as cuestións".

Alcalde a coruña. ALCALDÍA DA CORUÑA
Alcalde a coruña. ALCALDÍA DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta