Temas: RESCATE SANXENXO

Rescatadas dúas menores nunha zona acantilada de Sanxenxo tras ser sorprendidas pola marea

Dúas nenas tiveron que ser rescatadas este venres nunha zona acantilada da praia de Pragueira, no concello pontevedrés de Sanxenxo, tras ser sorprendidas pola subida da marea que lles impedía volver a terra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2019 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

Dúas menores tiveron que ser rescatadas este venres nunha zona acantilada da praia de Pragueira, no concello pontevedrés de Sanxenxo, tras ser sorprendidas pola suba da marea que lles impedía volver a terra.

Rescate de dúas menores nunha zona acantilada de Sanxenxo tras ser sorprendidas pola marea
Rescate de dúas menores nunha zona acantilada de Sanxenxo tras ser sorprendidas pola marea | Fonte: Emerxencias Sanxenxo.

Os servizos de emerxencia tiveron constancia do suceso sobre as 16,00 horas, cando un particular alertou ao 112 Galicia a través dunha chamada, onde informaba que as nenas foran sorprendidas pola suba do nivel da auga na zona na que estaban, que lles impedía que puidesen abandonar o lugar.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxo en marcha o operativo que contou coa colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos efectivos de Salvamento Marítimo, da Garda Civil de Pontevedra, da Policía Local e dos membros do GES e do Servizo de Emerxencias da localidade.

Tamén foi avisado o 061-Urxencias Sanitarias por se fose necesaria a súa intervención. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, afortunadamente, a pesar de tratarse dunha zona de difícil acceso, ambas puideron ser rescatadas polos servizos de emerxencia e ser trasladadas por unha embarcación ao porto de Portonovo en bo estado de saúde.

Temas: RESCATE SANXENXO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta