Temas: BOMBEIRO CIG

A CIG valora "positivamente" a proposta da Xunta de crear 549 prazas de bombeiros forestais

O sindicato sinala que as prazas previstas se achegan á proposta presentada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2019 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A CIG valorou "positivamente" a proposta do conselleiro do Medio Rural, José González, para a creación de 549 postos de traballo para todo o ano de bombeiros forestais, que se negociará esta semana dentro do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPDCIF).

Un bombeiro loita contra o lume en Vigo, Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Un bombeiro loita contra o lume en Vigo, Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

O sindicato sinala que as prazas previstas se achegan á proposta presentada pola CIG ante o Parlamento de Galicia para a duplicación de brigadas de prevención e extinción de incendios.

A CIG sostén que "dado o aumento da virulencia e a extensión dos incendios forestais en Galicia, a súa frecuencia e que non se limitan a campañas concretas, faise necesario un corpo permanente e profesional de bombeiros forestais en Galicia" que debería ser "100% público".

Segundo a documentación achegada aos sindicatos, a Consellería do Medio Rural crearía 549 postos de 12 meses, que viría substituír e ampliar as tarefas na prevención e extinción que realizaba a empresa pública SEAGA.

A CIG convocou unha manifestación o 24 de abril ás 11,00 horas, co fin de que "o tempo traballado en SEAGA puntúe para as listas da Xunta e que se recoñeza a profesionalidade do persoal de reforzo que era contratado ata agora pola empresa pública".

Temas: BOMBEIRO CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta