A directora coreana Eun Sun Kim dirixe esta semana á Real Filharmonía de Galicia

Baixo o título "A contratempo", os días 24 e 25 de abril Eun Sun Kim debuta coa Real Filharmónica de Galicia con dous concertos en Santiago e Vigo. Ademais, os asistentes ao concerto en Compostela poderán conversar antes do encontro coa directora.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2019 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá esta semana en Santiago e Vigo dous concertos baixo a batuta da directora coreana Eun Sun Kim baixo o título 'A contratempo', no que será o seu debut coa RFG. Segundo informou a organización, dentro da súa tempada de abono, a orquestra tocará este xoves 25 en Santiago no Auditorio de Galicia ás 20,30 horas. O venres 26 a cita será no Teatro Afundación de Vigo ás 20,00 horas, no marco da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación.

A directora coreana Eun Sun Kim dirixe esta semana á Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Vigo. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA - Arquivo
A directora coreana Eun Sun Kim dirixe esta semana á Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Vigo. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Os concertos comezarán coa 'Abertura en Do' da pianista e compositora alemá Fanny Mendelssohn Hensel (1805-1847), irmá de Felix Mendelssohn. A continuación, os músicos interpretarán a 'Sinfonía nº 22', coñecida como 'O filósofo', do compositor austríaco Franz Joseph Haydn (1732-1809), chamado o "pai da sinfonía" pola súa contribución a este xénero. O programa inclúe, ademais, a 'Sinfonía en Do' da compositora austríaca de orixe española Marianne Martínez (1744-1812). Os concertos concluirán coa 'Sinfonía nº 101' de Haydn.

ENCONTRO PREVIO

Antes da celebración do concerto de abono do xoves en Santiago o público asistente ao mesmo terá a oportunidade de manter unha charla previa coa directora Eun Sun Kim. A cita será ás 19,45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.

Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia 'Convers@ndo con', que a Real Filharmonía de Galicia promove antes de cada concerto, coa finalidade "de achegar a música ao público de maneira informal e distendida", destaca a organización. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta