O voto

Porque votar o BNG ou ao Partido Comunista dos Traballadores?

Por Lois Pérez Leira | Compostela | 25/04/2019

Comparte esta noticia
Porque o BNG?
 
Porque o BNG é terra e patria. É a continuación de Castelao e Ramón Suárez Picallo. É o campesiño defendendo os seus dereitos. Os traballadores na rúas de Vigo e de Ferrol reclamando, sempre reclamando.. É a muller empoderada dona do seu corpo e da súa mente. Son os mozos que nacen rebeldes. É Rosalía e Curros é Pondal gritando soños.
 
Son os homes de mar curtidos por miles de ventos. Os emigrantes que nunca partiron.
É tamén o Beiras do zapatazo, que aínda retumba no parlamento. O de Mocho Revoiras e Bautista Alvarez.
 
Son xeracións de homes e mulleres guiados polas campás da Berengela, en busca dunha patria que se chama Galiza.
 
Agora chámote a ti, para que xuntos percorramos este novo desafío. Necesitamos máis patria, máis terra, máis dereitos máis futuro. O teu voto pode multiplicar as nosas ilusións.
 
Porque o Partido Comunista dos Traballadores?
 
Porque é o meu partido, o dos meus pais e avós. O partido dos traballadores. O de Marx e de Lenin. O da revolución rusa e cubana. É o partido do Che construíndo soños. E o de Fidel dignificando pobos. É o da Pasionaria ao grito de Non Pasaran. É o de Xosé Gómez Gayoso, que aínda combate nas nosas montañas irredentas. É o futuro, é o socialismo. Tamén é o partido das irmás Quintillans tocando os seus violíns libertarios.
 
É a hora de que volva renacer. Coa túa bandeira vermella e a galega no teu peito. Onde camiñen xuntos Castelao e Lister.
 
Agora chámote a ti, para que xuntos percorramos este novo desafío. Necesitamos reconstruír o partido da esperanza. Un partido comunista galego de clase e internacionalista.

Voto introducido nunha urna en Eleccións. EUROPA PRESS - Arquivo
Voto introducido nunha urna en Eleccións. EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.