Borrell di que está en marcha o proceso de repatriación dos dous galegos falecidos en Sri Lanka

Losada apunta a "complexidade" do seu traslado. As vítimas dos numerosos atentandos ascenden xa a 310.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O ministro de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación, Josep Borrell, afirmou este martes que "está en marcha" o proceso de repatriación dos dous galegos falecidos en Sri Lanka, unha vez que, "desgraciadamente" confirmouse a súa identidade.

Os falecidos son María González Vicente e Alberto Chaves. Ela era natural de Pontecesures (Pontevedra), mentres el era de Rianxo (A Coruña) e veciño de Pontecesures, segundo relatou o luns o alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal.

O ministro, en declaracións aos xornalistas antes dun acto en Madrid, dixo non poder facilitar detalles máis aló do recoñecemento dos corpos e destacou a gravidade dos atentados, que causaron 310 mortos segundo o último balance. "Que pasaría en Europa se tivésemos un atentado con 400 mortos", preguntouse.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, ratificou, en declaracións a Europa Press, que o Ministerio de Asuntos Exteriores prosegue, en contacto coa familia, cos trámites para repatriar "en próximos días" os corpos da parella de mozos galegos falecidos nos atentados de Sri Lanka.

PROCESO "COMPLEXO"

Losada comentou que se trata dun proceso "un pouco complexo" que leva a cabo de acordo coa lexislación de ambos os países. Ademais, concretou que se ten que atopar voos para poder repatriar os corpos dos dous falecidos.

Por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores confirmaron que, tanto a Embaixada como o Consulado, están "a prestar asistencia consular" para repatriar os corpos. Ademais, o delegado reiterou as condolencias do Goberno e da Delegación en Galicia á familia e achegados dos dous mozos galegos mortos no atentado.

Atentados en Sri Lanka
Atentados en Sri Lanka | Fonte: RTVE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta