Volve a neve a Galicia a finais de abril

A montaña de Ourense e Lugo terá este xoves aviso por neve e o litoral, por ondas de máis de 5 metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

A montaña de Ourense e de Lugo permanecerá durante este xoves con aviso amarelo por acumulación de neve e o litoral galego por ondas de máis de cinco metros de altura. Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, a montaña de Ourense e Lugo terá aviso amarelo todo o xoves por acumulacións de neve superiores aos cinco centímetros por encima dos mil metros.

A montaña de Ourense e Lugo terá este xoves aviso por neve e o litoral, por ondas de máis de 5 metros. METEOGALICIA
A montaña de Ourense e Lugo terá este xoves aviso por neve e o litoral, por ondas de máis de 5 metros. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Mentres, entre as 3,00 e as 9,00 horas deste xoves o aviso será amarelo no litoral das Rías Baixas e na Costa da Morte por mar combinado do oeste con ondas de catro a cinco metros, tras o que pasará a laranxa por mar combinado do oeste con ondas de cinco a seis metros. Pola súa banda, na Mariña luguesa o aviso será amarelo e comezará ás 18,00 horas por mar combinado do noroeste con ondas de catro a cinco metros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta