Feijóo recrimina a Sánchez que "non merece ser presidente cuns partidos que non cren en España"

O líder do PP de Galicia chama a "concentrar o voto" para frear un "goberno dos separatistas, socialistas e populistas"

Por E.P. | A Coruña | 24/04/2019 | Actualizada ás 22:29

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, acusou a Sánchez de querer ser "presidente custe o que custe". "Ninguén se merece ter un presidente do goberno cuns partidos que non cren en España", subliñou en alusión a Pedro Sánchez, que "entregou ao país ao conxunto de partidos que non queren que exista este país".

"Cando dividimos o voto goberna a esquerda mentres que cando nos unimos goberna o PP e gana España", afirmou este mércores durante un mitin en Ourense. Tamén apuntou que os votos a Vox e Cs só benefician a Pedro Sánchez.

Para o líder dos Populares de Galicia "unir o voto" é a única forma de que Sánchez non se converta outra vez en presidente do goberno. Por este motivo, chamou a unha "mobilización masiva" ás urnas o vindeiro domingo, 28 de abril.

"Para que non gañen os que non merecen gañar e perdamos os que gobernamos a España nos momentos de maior dificultade", deste xeito Feijóo pediu o voto ao Partido Popular. Engadiu que "ningún outro partido ten a solidez para ser un partido de goberno".

O dirixente popular dixo que "existen aínda máis motivos que antes" para votar ao PP posto que agora teñen coñecemento dos riscos que antes non coñecían como son "a inestabilidade do goberno do país, a frivolidade, a superficialidade e a irresponsabilidade".

"Dividir os votos entre tres só fará que Pedro Sánchez se salga coa súa e ter un goberno dos separatistas, socialistas e populistas". Por este motivo, dixo lamentar profundamente que Vox e Cidadáns non sexan honestos cos intereses dos cidadáns.

Feijóo recrimina a Sánchez que 'non merece ser presidente cuns partidos que non cren en España'
Feijóo recrimina a Sánchez que 'non merece ser presidente cuns partidos que non cren en España' | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta