Evacuadas catro persoas por un escape de gas nunha vivenda en Samos

As persoas afectadas presentaban síntomas dunha posible intoxicación por inhalación de gas

Por E.P. | Samos | 26/04/2019 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Catro persoas necesitaron asistencia debido a unha fuga de gas detectada no interior dunha vivenda na noite deste xoves no termo municipal de Samos (Lugo).

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos producíronse sobre as 22,00 horas deste xoves nun apartamento situado a altura do numero catro da rúa de San Salvador, en Samos.

Tras recibir a chamada de alerta, na cal o persoal sanitario comunicou que unha ambulancia se desprazaba ata o punto, o 112 Galicia informou os Bombeiros de Sarria e aos axentes da Garda Civil.

Unha vez no lugar, persoal sanitario comprobou que as persoas afectadas presentaban síntomas dunha posible intoxicación por inhalación de gas, polo que unha delas foi trasladada a un centro hospitalario.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou a un home de 50 anos ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Pola súa banda, tras realizar as comprobacións necesarias, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia, que o monóxido de carbono proviña, posiblemente, do mal funcionamento dun quentador. Polo que tamén foi informado o persoal da empresa subministradora.

Equipo de bombeiros
Equipo de bombeiros | Fonte: CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta