Román Rodríguez espera que o Goberno gañador das eleccións "non repita o modelo de Zapatero" co Xacobeo

O conselleiro de Cultura considera que existe "un compromiso" por parte da súa formación neste ámbito no caso de alzarse coa Presidencia do Goberno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou que desde a Xunta "hai a máxima vontade" de integrar a "todas as administracións" na conmemoración do Xacobeo 2021, aínda que espera que o novo goberno que se conforme tras os comicios deste domingo "non repita do modelo" exercido por "o señor Zapatero" no pasado ano Santo, que "se puxo de costas" a Galicia.

Así o trasladou a preguntas dos medios en Santiago, onde lembrou a "mala experiencia" da administración socialista presidida por José Luís Rodríguez Zapatero, aínda que matizou que os "contactos" mantidos tanto co anterior goberno 'popular" como co actual de Pedro Sánchez "van na a boa liña". "E se algo demostrou o Xacobeo é a capacidade de unir vontades e a capacidade de unir políticas".

Rodríguez admitiu, aínda así, que persoalmente ten as súas "apetencias e preferencias" e, como cargo do Partido Popular, está "seguro" de que existe "un compromiso" por parte desta formación no ámbito estatal no caso de alzarse coa Presidencia do Goberno. "E así o dixo o propio presidente", engadiu.

Neste sentido, espera que esta efeméride teña "un apoio moi forte e moi decidido, xa non pola transcendencia económica e cultural que ten, que é moita", senón "polo que significa" e "os valores que ten de integración e vertebración", "temos que traballar para construír unha Galicia mellor e unha España mellor", reiterou, polo que "lle gustaría" que exista este apoio por parte do Goberno central.


Román Rodríguez agarda que o novo goberno non siga 'o modelo de Zapatero' co Xacobeo. CEDIDA - Arquivo
Román Rodríguez agarda que o novo goberno non siga 'o modelo de Zapatero' co Xacobeo. CEDIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta