Os corpos dos dous galegos falecidos nos atentados chegan a Pontecesures, onde serán enterrados

Serán velados xuntos e enterrados este sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

Os corpos de María González Vicente e Alberto Chaves, os dous mozos galegos falecidos nun dos atentados que o pasado domingo afectaron a Sri Lanka, xa chegaron á localidade pontevedresa de Pontecesures, onde serán enterrados este sábado.

Así o confirmaba a Europa Press o alcalde do municipio, Juan Manuel Vidal, quen asegurou que os corpos de ambas as vítimas chegaron ao redor das 16,00 horas deste venres e que a partir das 17,00 horas iniciarase o velorio no tanatorio de Iria Flavia, situado na localidade veciña de Padrón.

Ambos os falecidos pisaron chan español na mañá deste venres, segundo confirmou o ministro de Exteriores, Josep Borrel Fontelles, a través da súa conta oficial de Twitter, tras o que foron trasladados de Madrid a Galicia.

Os dous corpos serán velados xuntos por desexo das súas familias. Así mesmo, está previsto que sexan enterrados no cemiterio de Pontecesures na tarde deste sábado. Aínda que Alberto Chaves era orixinario do municipio coruñés de Rianxo, establecera o seu domicilio en España en Pontecesures, de onde era María González, e onde está previsto que descansen os dous.

Os restos mortais da parella sairán ao redor das 18,00 horas do sábado desde o tanatorio de Iria Flavia ata a Igrexa de San Xulián de Pontecesures, onde, ás 18,30 horas, haberá unha misa funeral na súa memoria, que presidirá o arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

O Concello de Pontecesures garda un minuto de silencio pola morte dunha parella de galegos en Sry Lanka. Europa Press - Europa Press
O Concello de Pontecesures garda un minuto de silencio pola morte dunha parella de galegos en Sry Lanka. Europa Press - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta