Arde unha vivenda en Chantada e outras dúas resultan afectadas polo mesmo incendio

Segundo informou o 112 Galicia, o lume calcinou por completo a parte superior e a cuberta da vivenda onde se iniciou o lume e afectou tamén as cubertas das dúas vivendas adxacentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2019 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Un incendio declarado o sábado nunha vivenda no municipio de Chantada (Lugo) provocou que ardese parcialmente esa casa e que se visen afectadas outras dous lindeiros, pero non houbo danos persoais.

Segundo informou o 112 Galicia, o lume calcinou por completo a parte superior e a cuberta da vivenda onde se iniciou o lume e afectou tamén as cubertas das dúas vivendas adxacentes.

O incendio iniciouse sobre as 17,45 horas do sábado no número 31 da rúa da Ponche, na parroquia de San Salvador de Asma. Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia, que puxo en marcha un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Chantada, os Bombeiros de Monforte, os efectivos do GES de Monterroso, a Policía Local, os axentes da Garda Civil e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Chantada.

A partir de aí, os servizos de emerxencia traballaron arreo na extinción do lume, que quedou totalmente extinguido sobre as 21,15 horas deste sábado.

Posteriormente, os Bombeiros de Chantada regresaron ata o lugar para asegurar a situación e comprobar que o lume se mantiña sufocado. Segundo apuntou o 112, do tres casas afectadas soamente una delas estaba habitada, concretamente na que se orixinou o lume.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta