Evacúan un menor en helicóptero despois de caer desde o tellado dunha fábrica abandonada en Maside

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon no lugar de Listanco, en Armeses, ao redor das 17,10 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2019 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia



Un menor tivo que ser evacuado en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense despois de caer desde o tellado dunha fábrica industrial abandonada en Maside ao interior da nave.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon no lugar de Listanco, en Armeses, ao redor das 17,10 horas. Un dos mozos do grupo foi o que alertou a Emerxencias do sucedido.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar ao helicóptero.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros do Carballiño, que colaboraron na evacuación do ferido ata o helicóptero.

Helicóptero 112
Helicóptero 112 | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta