O BNG só conseguiu 8.000 votos máis que a ultradereita e En Marea, os mesmos que os animalistas de PACMA

Os nacionalistas duplican os votos respecto ás elecciósns de 2016, pero seguen sendo unha forza intranscendente. O proxecto de Luís Villares fracasa e queda nun diminuto 1% dos votos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/04/2019 | Actualizada ás 23:29

Comparte esta noticia

Como era de agardar, ninguén perdeu nestas eleccións xerais. Todos saíron ao atril como gañadores, malia que os resultados demostran que só houbo un: o PSOE. En Galicia, chama a atención a reacción triunfalista do BNG, malia conseguir tan só uns 8.000 votos máis que o partido ultradereitista Vox.

Ana Pontón, tras coñecer os resultados das eleccións xerais de 2019
Ana Pontón, tras coñecer os resultados das eleccións xerais de 2019 | Fonte: BNG.

Co 95% do voto escrutado, o BNG sumaba 89.088 votos (5,75%) e Vox, 81.362 (5,25%). E os nacionalistas galegos non acadan o obxectivo: conseguir representación no Congreso dos Deputados. Con todo, o Bloque duplica os resultados acadados nas eleccións de 2016, pero segue sendo unha forza residual no país, sen capacidade para convencer a un número suficiente de cidadáns para ser unha forza decisiva.

No marco da coalición do BNG con EH Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), a formación galega queda nunha situación de absoluta debilidade. O grupo vasco experimentou unha espectacular suba, pasando de 2 a 5 escanos no Congreso, mentres que ERC sitúase como primeira forza en Cataluña e sobe de 9 a 15 deputados. A intranscendencia do Bloque compromete o seu peso nesa coalición que pactou cos nacionalistas vascos e cataláns.

Os resultados destas eleccións tamén evidencian a hecatombe de En Marea, que queda en estado de coma con apenas preto de 17.000 votos e arredor do 1% dos votos en Galicia; fronte aos case 230.000 votos dos seus antigos socios, En Común Unidas-Podemos, que acadou arredor do 14,5% do votos en Galicia.

Tamén chama a atención que En Marea acadou apenas mil votos máis que o partido animalista PACMA, con arredor de 16.000 apoios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

12 Anxo

Da baixada de UP na Galiza nadinha !!! Moi imparcial o artigo !

11 Galeguiña

Fai uns días apostei unhas cervexas a que o BNG non ía obter representación no Congreso. Algún iluso viu a miña aposta e aínda estou a esperar o recoñecemento da débeda. E como él e máis/ou ela dixeron, con cervexas de verdade, Estrella Galicia, a nosa cervexa.

10 adiante

O BNG está en clara remontada e con ilusión e ánimo. Deixade de poñer chatas a obra e axudade a facela !!!!!

9 Mareas mortas

Luis, en serio... Deixanos en paz. Fuches o cancro dun espazo amplísimo e complexo. Ti, e so ti, e a túa xente sodes os responsables de ter rebentado unha ferramenta que tiña que ser xustamente o contrario ao que a leváchedes: flexible e útil para abrir unha xanela de cambio en GZ. Esto poido ser de outra maneira, e sábelo. Traizoache mil veces, á lista de mais alá, ao plenario de xullo de 2017, suspendendo unhas primarias(sen motivo e seguimos agardando as "denuncias" e as "auditorías") para poder controlar o proceso desde Pontevedra... non quixeche escoitar máis que a aduladores. Agora, ainda que sexa por vergoña, non fagas máis o ridículo, quedar detrás de PACMA, facer unha campaña a base de criticar con dureza a forzas aliadas e agora aínda tes que dizer que "a xente da marea" é xenerosa. A xente da marea será moitas cousas, pero o que non é é Villarista nen de CERNA. Lisca,

1 Dimisión xa

Luis villares e o seu ego sen fin disfrazado de humildade, o peor que lle poido pasar ao espazo galego de confluencia...

8 De Galicia

Pontona ponte a traballar e pasa da poltrona