Goretti Sanmartín: "O BNG está nunha época de remontada e é alternativa en Santiago"

Destaca que en Compostela foi onde mellor porcentaxe de apoio houbo do BNG cun 9% dos votos. Con todo, foi a quinta forza despois do PSOE, PP, Unidas Podemos e Ciudadanos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2019 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Alcaldía de Compostela, Goretti Sanmartín, apelou este luns a que o Bloque está "nunha época de remontada, de esperanza e de enerxía para o BNG", á vez que reivindicou que "ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago".

Sanmartín realizou unha valoración dos resultados electorais do 28 de abril para "agradecer a todas as persoas que optaron por coller a papeleta do BNG nestas eleccións xerais". "Por confiar en nós, na nosa alternativa", apostilou.

Tamén trasladou unha "mensaxe de optimismo e moitísima confianza de cara ás próximas eleccións municipais" do 26 de maio porque "neste caso Santiago foi a cidade do conxunto do país con mellor porcentaxe, próxima ao 9% de voto ao BNG". "Duplicamos os votos recibidos nas anteriores eleccións xerais de 2016", engadiu.

"Como é habitual que o BNG reciba máis apoio nunhas municipais que nunhas xerais, pensamos que imos incrementar este apoio e imos traballar a partir de hoxe mesmo xa nesa mensaxe de comunicar as nosas propostas, de falar con todo o asociacionismo para que a xente vexa que estamos nunha época de remontada, de esperanza, de enerxía para o BNG", subliñou.

Por iso, Sanmartín asegurou que o BNG "ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago de Compostela". "Imos a partir de agora a facer un traballo moi intensivo de face a conseguir os mellores resultados nas eleccións do 26 de maio de 2019", concluíu.

Ana Pontón e Goretti Sanmartín
Ana Pontón e Goretti Sanmartín | Fonte: EP

RESULTADOS

En Santiago, os socialistas foron a forza máis votada, con nove puntos máis de apoios respecto das eleccións de 2016, mentres que os populares perden 14 puntos.

En Común-Unidas Podemos logrou este domingo o 14,69% das papeletas nesta cidade gobernada pola marea de Compostela Aberta, mentres que Ciudadanos queda co 12,81% dos apoios e o BNG co 8,77%. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Bloqueiro bloqueado

A imaxe está moi ben escollida con respecto ao titular. Poltrona rindo a cachón co chiste da dobre de Antonio Vega.

5 Developer

Dende a desfeita de Amio o BNG vaise recuperando, iso é así. O perdedor foi Galiza (podemitas e mareados mediante) Os outros iluminados van cara abaixo ou desapareceron. Quén é o perdedor? Agora resulta que sair do hosoital é unha mala nova mentres os transversais están a entrar por urxencias... Xa se verá nas vindeiras eleccións quen vai ó cemiterio (xa lles digo que o BNG levaralles frores a todos ises enleadores).

4 XanKaraLlás

Polo que vemos na foto, Ana Pontón está contentísima, encantada de que Galicia continúe a ser "per saecula saeculorum" un feudo do PPPSOE.

3 XanKaraLlás

O BNG aumentou en votos porque a Marea Atlántica se fixo o harakiri, e aínda así os resultados foron lamentables, CERO deputados conseguiron estes sectarios que non fan máis que traballar para a dereita e mantéñense firmes, seguen sempre igual e non aprenden. Como se pode ser tan burro? So lles falta ornear.

1 O que, oh?

E logo, presentábase a marea atlántica? ah, non sabía...

2 anKaraLlás

É como se non se presentase. Se se foron todos os partidos que tiña dentro, con esa desfeita, a Marea Atlántica suicidouse. Tan lamentable como a teimosa inoperatividade e incompetencia do BNG, que se subiu en votos foi precisamente polo que pasou coa Marea e aínda así CERO deputados. A situación do nacionalismo galego non pode ser peor, e iso por culpa duns dirixentes absolutamente inútiles e que son os que quere a dereita.

2 eusi

Agora os carneiros tamen soñan...