VOTA | Debe Feijóo substituír a Pablo Casado á fronte do PP?

Os pésimos resultados do Partido Popular volven colocar ao presidente da Xunta no foco como posible salvador do partido.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/04/2019 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

Os resultados das eleccións xerais celebradas este domingo deixan un PP tocado e case afundido. A caída é brutal: 71 escanos menos, de 137 a 66. E tres millóns e medio de votos perdidos respecto aos anteriores comicios.

Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, logrou en nove meses —desde que sucedeu a Mariano Rajoy— levar o seu partido a mínimos históricos que o deixan ao bordo do abismo. Aínda que Casado se aferra ás eleccións municipais e europeas de maio para tentar salvar a súa cabeza, o certo é que en sectores amplos do partido existe malestar pola situación e o nome de Alberto Núñez Feijóo volve emerxer como salvador do partido.

Tras renunciar o pasado ano a presentarse ás primarias do PP, escudándose en que ten un "compromiso con Galicia", agora ese "compromiso" podería rompelo se no partido crecen as voces a prol dunha profunda reforma ideolóxica do PP, que con Casado se radicalizou, con propostas e mensaxes reaccionarias, propias da ultradereita, para competir con Vox.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Tirador de Lira

Seria Suicida pola súa banda..o PP está acabado e aquí sempre poderá montar un PRG (ao estilo Revilla e con Baltar de Palanganeirovicepresidente).

2 RETROXESUS

As fotos da droga NON PODE - e imposibel ir a mandriles asi as fotos circularían por toda europa... AS FOTOS DA DROGAS!!!

1 homo afarinhensis

se o outro o Alvert Riberra vai como vai, por que não pode ir o Feyjões?

1 A CREMITA

non pode.... xa sabe as fotos da droga cos grandes capos voltaran a sair por ahí adiante... incluso por europa... presidente da mafia pepeira con fotos da mafia da droga!!! no iate pasaron moitas cousas, moitos manexos, polo tanto non pode ir a mandriles!!!